martes, 21 de octubre de 2025

 Con esta noticia anunciamos a reapertura do blog da biblioteca!

Este curso o blog será levado polas alumnas de BiblioActiva: Iria, Lara, Laura e Olivia. Que agradan facervos devorar experiencias con cada lectura.


Este ano abrimos o blog cunha noticia moi agradábel para tod@s. O pasado martes sete de outubro, o encantador Artur, deleitounos cun marabilloso obradoiro de teatro radiofónico. Ese día aprendemos moitísimo, como a importancia da actitude ao falar ou da nosa expresión corporal cando queremos comunicar algo. Traballamos a expresión oral a través da dramatización xa que Artur Trillo é o fundador da compañía Talía de teatro. Todo o aprendido vai influír na atención que nos brindarán os nosos receptores. 


A continuación agregamos imaxes:





No hay comentarios:

Publicar un comentario