sábado, 30 de abril de 2022

O alumnado de Física e Química na aula creativa

 A nosa nova aula creativa dá moito xogo. Estes días o alumnado de 3º da ESO está elaborando unhas táboas peiódicas interactivas. Traballan en conxunto na materia de Tecnoloxía e Física e Química. E que mellor espazo para facelo que na aula creativa?







sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro

 Este ano Biblioteca celebrou o Día do Libro xogando e lendo en compañía. Fixemos tamén unha exposición cos libros que relacionados coas bibliotecas, as lecturas, e con queles outros que chamamos "bonitos", obras preciosas que temos na biblio e animan a botar unha ollada.

As lecturas compartidas correron a cargo de dúas profesoras de lingua, castelán e galego, que leron dous contiños durante o 2º recreo do mércores 20 e do xoves 21 de abril na zona de bancadas da nova aula creativa/biblioteca.



Mari, profe de lingua castelá, durante a lectura compartida.



O venres reservámolo para un kahoot sobre os libros e as lecturas. Participou unha boa manchea de alumnas e alumnos, quizais porque había premios: dous libros para as dúas alumnas que obtiveron maior puntuación e unha rosa para a 3ª clasificada!