Mostrando entradas con la etiqueta Exposión oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposión oral. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2024

Contacontos no cole de Coirón

O 11 de xuño un grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO da materia de Plástica foron ata o cole de primaria de Coirón para contarlle contos ao alumnado das tres aulas de Infantil. Contáronlles catro contos en galego a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. 

Versionaron contos xa coñecidos: "A mosca chosca", "A que sabe a lúa?", "Feroz, o lobo" e "O Boneco". A actividade tiña tamén a parte plástica dos contos, tal e como se pode apreciar nas fotos.

A experiencia foi marabillosa, tanto pola cara de ilusión dos máis pequenos e das máis pequenas, así como pola capacidade do noso alumnado para transmitir os contos e empatizar coa cativada.











lunes, 3 de junio de 2024

Contando contos

Este 30 de maio o alumnado de 3º da ESO, na materia de Plástica, contoulles contos en galego e inglés ás rapazas e rapaces de 6º de primaria que viñeron a coñecer o seu futuro centro; foi durante a xornada de portas abertas. Tratouse de animalos a coller a sección bilingüe que se dá no noso IES nesta materia. Deixamos unhas fotos do momento:



A continuación deixamos unhas imaxes da presentación que fixeron:
















viernes, 8 de marzo de 2024

Cantares de cego

O alumnado das materias de Lingua Galega e  Plástica de 1º da ESO elaborou dous cantares de cego: A historia de Xosé e Xiana de Fisterra, baseados na toponimia local. Biblioteca axudou a recoller estas marabillas nun libriño, que foi publicado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O resultado foi este: 


Wolrd Book Day Poster Template de García Sumay María Cruz

miércoles, 22 de marzo de 2023

O alumnado de 2º da ESO no Centro de Día

 Hoxe parte do alumnado do IES de Meaño foi recitar poemas ao Centro de Día de Meaño. Esta actividade realizouna o departamento de Lingua Castelá e colaborou o Equipo de Biblioteca. Na calse prepararon os poemas, aprenderon a recitar, a vocalizar e xesticular, e, por suposto, a memorizar. Despois de recitalos na aula, animáronse a facelo fóra o IES. Foi un éxito total!

Se clicades enriba da imaxe podedes ver o libro que crearon e o nome dos rapaces e rapazas que recitaron os poemas.




jueves, 16 de marzo de 2023

Formación de Rede Espora co alumnado

 Hoxe Denís, da Rede Espora, vou formar o alumnado dentro do Programa Radio na Biblio. Aprendemos moito da parte técnica: como manexar o equipo, gravar o programa, introducir música,... e tamén de locución e elebaración de programas. Ademais deixounos recursos para que enriquezamos as nosas producións. Agora seguro que nos saen uns podcast chulísimos!

Momento da charla de Denís.


O alumnado preparando o programa.

Aprendendo como gravar.

Gravando o programa.


Gravando o programa.








domingo, 26 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:





Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.



Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!

Nesta imaxe vemos a cortadora láser traballando nos marcapáxinas


Así é o resultado final

viernes, 24 de febrero de 2023

Xornada de Radio na Biblio con Rede Espora

 Este xoves pola parte veu Cristina de Rede Espora darnos unha charla ao profesorado sobre o uso da radio no ámbito escolar; achegounos ideas, propostas, melloras técnicas... Axiña continuará a formación co alumnado.

Aquí deixamos dúas imaxes da formación.






lunes, 13 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

Este é o programa realizado co gallo do Día Mundial da Radio. Foi elaborado e locutado por un grupo de dúas alumnas, Nerea e Lara, e dous alumnos, Iker e Adrián, de 2º da ESO.


Día Mundial da Radio



Momento da gravación.

Fragmento do programa.


viernes, 11 de noviembre de 2022

Venres de experimentos científicos na biblioteca

 



No noso centro seguimos demostrando que se pode facer ciencia en galego. O profesorado das materias científicas animou o alumnado a facer experimentos na biblioteca. Todos os venres durante o segundo recreo a zona de bancadas convértese nun laboratorio científico:


Extraendo o ADN dun plátano


Amosando as densidades


Público asistente.


viernes, 21 de octubre de 2022

Relatos gañadores do concurso de relatos de terror

 Os gañadores do concurso de relatos foron Xabi García Blanco de 2º ESO, en lingua galega, e Ainara Fernández Sueiro de 3 da ESO, en lingua inglesa. Parabéns aos dous. Deixámosvos aquí os relatos para que sufrades un pouco:


RELATO GAÑADOR EN LINGUA GALEGA

XABI GARCÍA BLANCO

ONDE ESTOU?

Son Xoán, son un neno e vivo en Dena. Vou ao IES de Meaño coma un día normal. A miña familia marcha para traballar; quedo só, na casa, facendo o almorzo, a cama e vestíndome. Collo a mochila e o ordenador e cando vou saír, a porta da casa non abre. Marcha a luz, sinto de súpeto coma se fose de noite e...

  Ah ─esperto do pesadelo─. Uf, que medo!

Diríxome ao instituto e cando chego atopo os nenos que... me fan bulying.

─ Ai, que fas? Mancáchesme ─digo queixándome.

─ Oh, fíxenlle dano? Que mágoa ─di Breixo aos seus amigos.   

─Ja ja ja ja ja ja ja ja ─rin todos á vez.

Vou cara á miña clase, todo está feito po. Fai un mal día, todo o ceo está nubrado, empeza a chover. Sento atrás de todo, agochándome, para que ninguén me vexa. A profesora dime que lle conteste unha pregunta, pero eu quedo en branco, non sei que contestar, digo unha parvada e todos se rin de min. Quero empezar a chorar, a profesora dime que vaia ao lavabo.

Polo camiño penso:

Non sei que fixen mal, non era a resposta? Cal era? Quero irme, non me aprecian, ninguén o fai, é inxusto, quero sentirme respectado, por que non o fan? Será con todos ou só comigo?

Cando entro no baño prendo as luces, entro no váter, vólvese a ir a luz, sinto outra vez que é de noite.

  ─ Hai alguén! ─grito con todas as miñas forzas.

Creo que estou so, non percibo a ninguén. Empezo a escoitar uns pasos, volvo a gritar pero ninguén responde. Comezo a quedarme durmido, abren a porta e...

─Onde estou?



RELATO GAÑADOR EN LINGUA INGLESA

AINARA FERNÁNDEZ SUEIRO

WHO ARE YOU?

 

We all planned the trip with enthusiasm. Finally the day had come to prepare everything to travel to Meaño, a small town with a few habitants but lots of things to see and visit.

 

My alarm clock rang.

 

 

—Oh no, what time is it? Did I oversleep? Are they here already? —I had been waiting for months for this day.

 

Luckily, my suitcase was already packed. I turned on the television while I was getting ready, and at that moment they were showing the news of the tenth anniversary of the six-year-old twins who had disappeared in Meaño, precisely where we were going to travel to. Just the thought of it made me shiver....

 

In fifteen minutes I was ready with my jeans, my long-sleeved T-shirt and my new trainers.

 

I heard the sound of the horn of Marcos's car. They had arrived. I grabbed my suitcase and went down the steps, two at the same time. In three minutes I was seated and on my way to the airport.

 

The journey wasn't very long and when we arrived at our destination my mind was flooded with memories of my childhood. Meaño was my grandparents' town, and my parents had moved to another town, due to a sad event, when I was only six years old.

 

Around five o'clock in the afternoon we arrived at the Valdamor rural house we had booked. We unpacked and had a little tour of the house, which by the way, was beautiful. To my surprise, on the kitchen table there was a newspaper dated 31 October 2012, and the front page was precisely the disappearance of the twins. The same news I had heard in the morning while I was getting dressed. Did the owners of the house know what had happened? My hair stood on end and a small shiver ran through my body.

 

Just then my friends called me and my mind snapped back to reality. We organised ourselves to make dinner, having a fun time together.

 

We opened the fridge and, as expected, it was empty. Finally it was Andrés and Marcos's turn to go shopping, so I took the opportunity to choose my room. I went up the stairs counting every step and when I got to the bottom I opened the door. I froze. A boy around my age greeted me from inside. With my mouth open and moved by an impulse I closed the door. I took a deep breath and, with my heart pounding, I opened it again. Surely it was my imagination or a curtain flying across the open window. But no, there it was again, that silhouette waving at me. Now my feet started running down the stairs three at a time. I reached Laura and told her what had happened, almost out of breath from running. She thought I was playing a joke on her, but my face didn't say the same, so we decided to go upstairs together. When we reached the landing, the door was still open, but there was no sign of the young man who had greeted me. Just then the boys arrived with the groceries and we went down to the kitchen to prepare dinner. There we enjoyed the moment, we laughed and made jokes, but I didn't want to talk too much about what had happened, although Laura tried.

 

It was late and we went to our rooms. I fall asleep soon, but in the early morning I woke up anxious and went downstairs to get a glass of water. When I got to the kitchen I saw that the fridge was open, a carton of milk was dripping on the floor, and next to it laid a piece of an old newspaper that said "THANK YOU". I looked around, but there was no one. The joke was already going too far. Had Laura told Marcos and Andrés anything? I was pretty angry, so I decided to go and wake them up. They were surprised and we immediately went down to the kitchen to check. When we got there, everything had been cleared up and the note had disappeared. It wasn't funny. They ignored me and went back to bed. I hardly slept that night.

 

The next morning, with our backpacks on our shoulders, we went hiking in the surroundings. We enjoyed the views, the beautiful windmills, the viewpoints of Fontefría and San Cibrán... But when we returned home, I was surprised by a note in my room that said: "I missed you".

 

My twin brother was still a joker


viernes, 3 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 
A biblioteca converteuse neste mes nun fervedoiro de experimentación. Alumnas e alumnos de diferentes cursos viñeron durante os recreos á biblioteca facer experimentos para todo o mundo. Foi un auténtico éxito, tanto polos experimentos feitos como polo público que acudiu. O alumnado logrou transmitir diante dun público rigoroso (con profesorado incluído) os seus coñecementos sobre ciencia. Noraboa a todas e todos!

Tamén expuxemos os libros de ciencias máis novos que acabamos de mercar, xunto con outros que nunca pasan de moda!


Experimento da cromatografía


Inflando un globo con vinagre e bicarbonato




Demostrando como funciona a presión atmosférica



Lucía, Marta e Carlota de 3º da ESO



Marta, Carlota e Lucía explicando o efecto Coanda

Experimento da cromatografía


Inflando un globo con bicarbonato







Público asistente