martes, 14 de noviembre de 2023

"Pantasma" por María Luísa Muñiz

 Pantasma

- Chao, María!

- Ata mañá, Lúa!

Si, esa era María. Tiña dezanove anos e acababa de saír da casa da súa amiga Lúa despois dunha tarde de proxectos. María vivía un pouco lonxe da casa da súa amiga, pero non lle importaba. Sempre que ía, pasábao en grande. Cerca da casa de Lúa había un bosque. Era tranquilo, moi bonito nesta tempada e sobre todo silencioso.

A rapaza foi polo bosque camiñando a paso lixeiro. Sabía o camiño enteiro. Soou Creación artistico móbil. Era Mónica. Deixárana soa no grupo e estaba indignada.


- NON É XUSTO! DEIXÁCHESME SOA! –Mónica enfadábase por todo.

- Tranquila, só foron cinco minutos –Lúa entrara no grupo.

- CINCO MINUTOS DE QUE?! PASARON DÚAS HORAS!


María xa estaba acostumada ás pelexas parvas das súas amigas. Así que apagou o móbil.

Tempo despois chegou ata un descampado.

Escoitouse un ruído.

Algo rompera tras dela. Xirouse.

Non había ninguén, non había nada.

Volveu escoitar o son pero esta vez máis cerca. A rapaza empezou a acelerar o paso. Sentía a mirada afiada de alguén que a observaba. Cada vez máis cerca, cada vez máis afiada.

Chegou á casa correndo. Xirouse unha vez para ver que pasaba.

Non debería telo feito.

Cara a cara. Outra vez. Ese personaxe, aquel rapaz...

María quedou cunha mirada aterrada. Entrou na casa e fechou a porta. Correu escaleiras arriba e encerrouse na súa habitación.

‘‘Estaba a alucinar, era imposible’’ dicíase a si mesma. Sooulle o móbil.

- Ola!

- Ola, si, son Xoán, do departamento de policía.

A rapaza non dixo nada.

- Queríalle dicir que encontramos o cadáver do seu amigo Serxio, se podería vir e...

María cortou a chamada. Mirou pola fiestra e viuno de novo. A pantasma volvía ó bosque.

- Pero, se encontraron o corpo... Quen o sacou do soto?

...


lunes, 13 de noviembre de 2023

Creación artística do alumnado do IES

Ola a todas e todos!

Como este curso o PDI do centro está destinado a nós, queremos abrir unha sección no blogue na que o alumnado poida expoñer as súas creacións artísticas: debuxos, composicións musicais, contos, poemas, fotografías... 🎨🎶✏️📷

Mandade un correo a biblioteca@iesmeanho.com co arquivo ou entregádenolo en man.




jueves, 2 de noviembre de 2023

RETO 1 (OUTUBRO): Adiviña, adiviñanza, onde se atopa a cabaza?

Presentamos o PRIMEIRO RETO do ano!

Seredes capaces de atopar todas as cabazas e resolver as adiviñas? Na biblioteca tedes a ficha coas casiñas para cubrir.


Boa sorte! 🎃




miércoles, 1 de noviembre de 2023

Samaín

  

Este curso o concurso literario de medo estaba aberto á narrativa, en todas as variantes, e á poesía. Triunfaron os microrrelatos e os poemas. Deixámosvos os textos gañadores.

O 1º premio de lingua castelá foi para Nerea Garrido Martínez de 3º A por este microrrelato:

EL DIBUJO

          Es el primer día de Álvaro en su nuevo colegio. Su compañero Marco es muy rebelde, por lo que no se llevan bien.

-          Para presentaros, necesito que os dibujéis a vosotros mismos, y que escribáis vuestro nombre- dijo a profesora de plástica.

 

En el cambio de clase, ya con su dibujo terminado, Álvaro le preguntó:

 

-          ¿Puedo ir al baño?

-           

La profesora asintió.

 

El compañero de Álvaro quiso hacerla una jugarreta y rompió el dibujo.

 

Minutos después, la profesora de música encontró a Álvaro descuartizado en el pasillo.



O primeiro premio en lingua galega foi para María Luísa Muñiz Chaves de 2º B con este microrrelato:

A PORTA

 

Estaba no salón do meu piso. Acabara todo o traballo que tiña. Era hora de ir á cama.

*Ding, dong…*

“Nin dez minutos hai que fun durmir!” –pensei-. “Quen é o tolo que chama a estas horas?... Claro, TIÑA que ser EL!” –dixen cunha voz retórica.

Achegueime á porta e polo burato vin todo. Non o podía crer.

O corredor tiña todas as luces rotas, as paredes estaban manchadas de sangue e xusto detrás da porta encontrábase ela.

Quen o ía supoñer? Tiña que ser a miña veciña, a tola, a que matara aquelas persoas...

*PUM, PUM*

-SEI QUE ANDAS AÍ! NON TE AGOCHES! ONDE ESTÁ O MEU FILLO?!

Marchei para atrás. Estaba aterrado. Como o sabía? Fun ata a cociña e collín a tixola.

*PUM!*

- BRUNO, ONDE ESTÁS?

“Estou morto.” –foi o último que pensei.



Os finalistas foron, en lingua galega, Breixo Padín García de 2º B cunha colección de microrrelatos:

A MALA NAI

Estaba na cama, e de repente entrou na miña habitación.

 

ESE HOME

Espertei no mesmo cuarto de sempre; vino pola ventá, outra vez.

 

AFÚNDESE NO MAR

Cando estaba tranquilamente relaxado, escoitouse un ruído. Non sei se conseguirei salvarme.

 

A BOMBA

Escoitábase un asubío; non era do vento. Nun intre envolveuse todo dunha luz que cegaba.

 

A DEPRESIÓN

Esperto, visualizo a habitación; vexo todo escuro.

Paseo polo parque; vexo todo escuro.

Achégome a unha ponte que hai pola rúa.

De repente todo terminou.

 

ESTAME MIRANDO

Sempre que vía o armario, miraba para el. Ata que un día abriu a súa porta.


Finalmente, a finalista en lingua castelá foi Inés Sabín Novás de 3º B co seguinte poema:


LA HABITACIÓN

 

En la noche oscura, el miedo se desliza,

las sombras acechan, el corazón de aprieta,

un eco macabro, el alma inquieta,

en la penumbra, el terror de eterniza.

 

Susurros helados, la luna se reflejan,

donde un sin rostro sus secretos guarda.

El viento aúlla y la razón se queja,

la penumbra envuelve, la cordura vacila.

 

Los pasos resonantes en el pasillo,

el alarido en el rincón más sombrío,

el miedo, el frío, el abismo del vacío.

 

En cada esquina, la muerte acecha,

la mente se enreda, el miedo se derrama,

en este poema, el terror se desplaza,

en la oscuridad, el espíritu se desgana.