miércoles, 22 de junio de 2022

Colaboradores de biblioteca

 No acto final de curso o alumnado colaborador de biblioteca recibiu cadanseu agasallo por todo o traballo realizado. Na imaxe temos o momento en que o recolleron. Parabéns e moitas grazas.



Autopublicación de libros

O Equipo de Dinamición da Lingua Galega, en colaboración con biblioteca, deu impreso tres libriños que con material elaborado nas distintas materias, en concreto Ciencias Naturais e lingua galega; dous deles relacionados co PDI do centro: "O Meaño que queremos".


Ficharemos na biblioteca un de cada; os outros servirán de agasallo para o alumnado e as profesoras que o levaron a cabo. O terceiro, Telleiras e telleiros de Meaño, ademais será entregado ao autor, quen o elaborou de neno como un traballo escolar, coa colaboración de seu pai.

jueves, 9 de junio de 2022

Fonte e lavadoiros de Meaño

O alumnado de Ciencias Naturais elaborou un rexistro das fontes e dos lavadoiros do concello de Meaño; buscaron, recolleron información, localizaron as súas coordenadas... Un traballo ben completo. Biblioteca encargouse de recoller todo ese traballo neste libriño:
Fontes e lavadoiros de García Sumay María Cruz

jueves, 2 de junio de 2022

Libro de haikus

  Froito da colaboración entre a materia de Lingua Galega e a Biblioteca, sae este libriño de haikus. A metade deles están dedicados á guerra en Ucraína. Esperamos que vos guste:

Yomogi Font de García Sumay María Cruz



Libro de haikus


Cómic en Francés

 O alumnado de 1º da ESO está creativo, así que da man da súa profesora de Francés, Sandra Sánchez, puxéronse a elaborar cómic neste idioma. Crearon obras ben bonitas. Botádelles un ollo: