Mostrando entradas con la etiqueta Creación artística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creación artística. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2024

Contacontos no cole de Coirón

O 11 de xuño un grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO da materia de Plástica foron ata o cole de primaria de Coirón para contarlle contos ao alumnado das tres aulas de Infantil. Contáronlles catro contos en galego a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. 

Versionaron contos xa coñecidos: "A mosca chosca", "A que sabe a lúa?", "Feroz, o lobo" e "O Boneco". A actividade tiña tamén a parte plástica dos contos, tal e como se pode apreciar nas fotos.

A experiencia foi marabillosa, tanto pola cara de ilusión dos máis pequenos e das máis pequenas, así como pola capacidade do noso alumnado para transmitir os contos e empatizar coa cativada.











lunes, 3 de junio de 2024

Contando contos

Este 30 de maio o alumnado de 3º da ESO, na materia de Plástica, contoulles contos en galego e inglés ás rapazas e rapaces de 6º de primaria que viñeron a coñecer o seu futuro centro; foi durante a xornada de portas abertas. Tratouse de animalos a coller a sección bilingüe que se dá no noso IES nesta materia. Deixamos unhas fotos do momento:



A continuación deixamos unhas imaxes da presentación que fixeron:
















lunes, 13 de mayo de 2024

Revista BiblioActiva

Un grupo de alumnas do Proxecto Competencial BiblioActiva editou esta pequena revista con información de interese para o alumnado: 

Pódese ver neste enlace.

Por se xorde algún problema, deixamos tamén as páxinas:











Revista

viernes, 8 de marzo de 2024

Cantares de cego

O alumnado das materias de Lingua Galega e  Plástica de 1º da ESO elaborou dous cantares de cego: A historia de Xosé e Xiana de Fisterra, baseados na toponimia local. Biblioteca axudou a recoller estas marabillas nun libriño, que foi publicado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O resultado foi este: 


Wolrd Book Day Poster Template de García Sumay María Cruz

martes, 14 de noviembre de 2023

"Pantasma" por María Luísa Muñiz

 Pantasma

- Chao, María!

- Ata mañá, Lúa!

Si, esa era María. Tiña dezanove anos e acababa de saír da casa da súa amiga Lúa despois dunha tarde de proxectos. María vivía un pouco lonxe da casa da súa amiga, pero non lle importaba. Sempre que ía, pasábao en grande. Cerca da casa de Lúa había un bosque. Era tranquilo, moi bonito nesta tempada e sobre todo silencioso.

A rapaza foi polo bosque camiñando a paso lixeiro. Sabía o camiño enteiro. Soou Creación artistico móbil. Era Mónica. Deixárana soa no grupo e estaba indignada.


- NON É XUSTO! DEIXÁCHESME SOA! –Mónica enfadábase por todo.

- Tranquila, só foron cinco minutos –Lúa entrara no grupo.

- CINCO MINUTOS DE QUE?! PASARON DÚAS HORAS!


María xa estaba acostumada ás pelexas parvas das súas amigas. Así que apagou o móbil.

Tempo despois chegou ata un descampado.

Escoitouse un ruído.

Algo rompera tras dela. Xirouse.

Non había ninguén, non había nada.

Volveu escoitar o son pero esta vez máis cerca. A rapaza empezou a acelerar o paso. Sentía a mirada afiada de alguén que a observaba. Cada vez máis cerca, cada vez máis afiada.

Chegou á casa correndo. Xirouse unha vez para ver que pasaba.

Non debería telo feito.

Cara a cara. Outra vez. Ese personaxe, aquel rapaz...

María quedou cunha mirada aterrada. Entrou na casa e fechou a porta. Correu escaleiras arriba e encerrouse na súa habitación.

‘‘Estaba a alucinar, era imposible’’ dicíase a si mesma. Sooulle o móbil.

- Ola!

- Ola, si, son Xoán, do departamento de policía.

A rapaza non dixo nada.

- Queríalle dicir que encontramos o cadáver do seu amigo Serxio, se podería vir e...

María cortou a chamada. Mirou pola fiestra e viuno de novo. A pantasma volvía ó bosque.

- Pero, se encontraron o corpo... Quen o sacou do soto?

...


miércoles, 1 de noviembre de 2023

Bolboretas de morte

 O departamento de Plástica traballou co alumnado de 4º as "bolboeretas de morte": tras un período de investigación, deseñaron unhas mostruosas bolboretas que decorou a entrada da biblioteca:



jueves, 21 de septiembre de 2023

Día da Paz

 

O departamento de Plástica elaborou un mural contra a guerra na entrada do centro, seguindo a estética dos graffitis de Banksy. Deixámosvos unhas imaxes do resultado e do proceso.:










lunes, 18 de septiembre de 2023

Creación artística do alumnado do IES

Ola a todas e todos!

Como este curso o PDI do centro está destinado a nós, queremos abrir unha sección no blogue na que o alumnado poida expoñer as súas creacións artísticas: debuxos, composicións musicais, contos, poemas, fotografías... 🎨🎶✏️📷

Mandade un correo a biblioteca@iesmeanho.com co arquivo ou entregádenolo en man.