Mostrando entradas con la etiqueta Competencia ALFIN/AMI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencia ALFIN/AMI. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2024

Contacontos no cole de Coirón

O 11 de xuño un grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO da materia de Plástica foron ata o cole de primaria de Coirón para contarlle contos ao alumnado das tres aulas de Infantil. Contáronlles catro contos en galego a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. 

Versionaron contos xa coñecidos: "A mosca chosca", "A que sabe a lúa?", "Feroz, o lobo" e "O Boneco". A actividade tiña tamén a parte plástica dos contos, tal e como se pode apreciar nas fotos.

A experiencia foi marabillosa, tanto pola cara de ilusión dos máis pequenos e das máis pequenas, así como pola capacidade do noso alumnado para transmitir os contos e empatizar coa cativada.











lunes, 13 de mayo de 2024

Revista BiblioActiva

Un grupo de alumnas do Proxecto Competencial BiblioActiva editou esta pequena revista con información de interese para o alumnado: 

Pódese ver neste enlace.

Por se xorde algún problema, deixamos tamén as páxinas:











Revista

jueves, 9 de mayo de 2024

Obradoiro sobre experimentación e creación musical na bilio

Pedro Iglesias acudiu ao centro para dar o obradoiro "Experimentación e creación musical na bilioteca" ao alumando dos Proxectos Competenciais RadioActiva e BiblioActiva e outro voluntario. Ademais de pasalo moi ben, aprendemos tamén de circuitos! E deunos moitas ideas para implementalas na nosa radio.














lunes, 11 de marzo de 2024

Mulleres no deporte

Na materia de Educacón Física, o alumnado elaborou carteis sobre mulleres deportistas galegas, dándolle especial relevancia a alumnas e exalumnas do centro, xa que este ano o noso PDI, "Vodas de prata",  traballa o vintecinco aniversario do IES e outras mozas do concello.









viernes, 8 de marzo de 2024

Cantares de cego

O alumnado das materias de Lingua Galega e  Plástica de 1º da ESO elaborou dous cantares de cego: A historia de Xosé e Xiana de Fisterra, baseados na toponimia local. Biblioteca axudou a recoller estas marabillas nun libriño, que foi publicado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O resultado foi este: 


Wolrd Book Day Poster Template de García Sumay María Cruz

jueves, 23 de noviembre de 2023

Miriam Ferradáns

Hoxe asistimos a unha fermosa conferencia promovida desde a AELG, dada pola poeta Miriam Ferradáns ao alumnado de 3º e 4º, que levaba por título “Unha visión de xénero”, centrada no ámbito poético. Enmárcase no Día contra a Violencia de Xénero.



miércoles, 1 de noviembre de 2023

Bolboretas de morte

 O departamento de Plástica traballou co alumnado de 4º as "bolboeretas de morte": tras un período de investigación, deseñaron unhas mostruosas bolboretas que decorou a entrada da biblioteca:



jueves, 21 de septiembre de 2023

Día da Paz

 

O departamento de Plástica elaborou un mural contra a guerra na entrada do centro, seguindo a estética dos graffitis de Banksy. Deixámosvos unhas imaxes do resultado e do proceso.:










martes, 11 de abril de 2023

Reto de abril

Un pouco máis tarde do habitual pero por fin chegou o reto de abril. Como este mes se celebra o Día do Libro, queremos facerlle unha homenaxe, polo que desta teredes que facer unha xincana que vos levará por distintos recunchos do centro nos que hai libros. En cada unha desas zonas haberá unha tarxeta co que debedes facer e a onde tedes que ir despois. As pistas non sempre están moi claras, así que botádelle imaxinación!

Tedes que coller na biblio a ficha que debedes cumprimentar, nela hai espazo para poñer os vosos datos e para a solución final (unha frase longa que iredes descubrindo nos libros). A primeira pista está no cartel. Boa sorte e feliz abril!



miércoles, 22 de marzo de 2023

O alumnado de 2º da ESO no Centro de Día

 Hoxe parte do alumnado do IES de Meaño foi recitar poemas ao Centro de Día de Meaño. Esta actividade realizouna o departamento de Lingua Castelá e colaborou o Equipo de Biblioteca. Na calse prepararon os poemas, aprenderon a recitar, a vocalizar e xesticular, e, por suposto, a memorizar. Despois de recitalos na aula, animáronse a facelo fóra o IES. Foi un éxito total!

Se clicades enriba da imaxe podedes ver o libro que crearon e o nome dos rapaces e rapazas que recitaron os poemas.




jueves, 16 de marzo de 2023

Formación de Rede Espora co alumnado

 Hoxe Denís, da Rede Espora, vou formar o alumnado dentro do Programa Radio na Biblio. Aprendemos moito da parte técnica: como manexar o equipo, gravar o programa, introducir música,... e tamén de locución e elebaración de programas. Ademais deixounos recursos para que enriquezamos as nosas producións. Agora seguro que nos saen uns podcast chulísimos!

Momento da charla de Denís.


O alumnado preparando o programa.

Aprendendo como gravar.

Gravando o programa.


Gravando o programa.








domingo, 26 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:





Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.



Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!

Nesta imaxe vemos a cortadora láser traballando nos marcapáxinas


Así é o resultado final

viernes, 24 de febrero de 2023

Xornada de Radio na Biblio con Rede Espora

 Este xoves pola parte veu Cristina de Rede Espora darnos unha charla ao profesorado sobre o uso da radio no ámbito escolar; achegounos ideas, propostas, melloras técnicas... Axiña continuará a formación co alumnado.

Aquí deixamos dúas imaxes da formación.






lunes, 13 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

Este é o programa realizado co gallo do Día Mundial da Radio. Foi elaborado e locutado por un grupo de dúas alumnas, Nerea e Lara, e dous alumnos, Iker e Adrián, de 2º da ESO.


Día Mundial da Radio



Momento da gravación.

Fragmento do programa.