Aquí vos deixamos o reto relacionado co Día das Letras Galegas, dedicado a Luísa Villalta.
jueves, 2 de mayo de 2024
jueves, 7 de marzo de 2024
RETO 4 (MARZO): Atopa a mensaxe segreda...
Conseguiredes atopar a mensaxe segreda?
Seguide as pistas e ide anotando as palabras que se esconden dentro dos libros... Tedes a ficha na biblioteca.
Sorte! 📚
jueves, 18 de enero de 2024
RETO 3: ESCOITAS?
O reto deste mes está dedicado aos sons da biblioteca. Aquí deixamos 10 audios que debes identificar con sons que se producen acotío na biblio. Debes adiviñar 6, aínda que na ficha deixamos espazo para oito por se te equivocas nalgún. Afina o oído e sorte!
Audio 1jueves, 14 de diciembre de 2023
RETO 2 (DECEMBRO): Nadal artístico!
Achégase o Nadal e xunto con el... O novo reto de decembro! Propoñemos actividades semanais: traede adornos para a árbore, roupa navideña, debuxos, relatos... Tedes a ficha na biblioteca.
Bo nadal! 🎄🎁
jueves, 2 de noviembre de 2023
RETO 1 (OUTUBRO): Adiviña, adiviñanza, onde se atopa a cabaza?
Presentamos o PRIMEIRO RETO do ano!
Seredes capaces de atopar todas as cabazas e resolver as adiviñas? Na biblioteca tedes a ficha coas casiñas para cubrir.
Boa sorte! 🎃
lunes, 1 de mayo de 2023
Reto de maio: Localízate!
O último reto deste curso está relacionado co noso PDI, O Meaño que queremos. Pedímosvos que localicedes os seguintes enclaves co concello, collidos de Google maps.
Debedes indicar que lugar ou edificio é o que se mostra e en que parroquia se atopa.
Xogade coa familia, entre todos seguro que o resolvedes axiña.
martes, 11 de abril de 2023
Reto de abril
Un pouco máis tarde do habitual pero por fin chegou o reto de abril. Como este mes se celebra o Día do Libro, queremos facerlle unha homenaxe, polo que desta teredes que facer unha xincana que vos levará por distintos recunchos do centro nos que hai libros. En cada unha desas zonas haberá unha tarxeta co que debedes facer e a onde tedes que ir despois. As pistas non sempre están moi claras, así que botádelle imaxinación!
Tedes que coller na biblio a ficha que debedes cumprimentar, nela hai espazo para poñer os vosos datos e para a solución final (unha frase longa que iredes descubrindo nos libros). A primeira pista está no cartel. Boa sorte e feliz abril!
miércoles, 1 de febrero de 2023
Reto de febreiro: Por onde andas?
Este mes propoñémosvos a lectura de mapas. Sodes conscientes de toda a información que podedes atopar neles? Xa sabemos que hoxe tedes a man google maps que vos leva a onde queirades, pero moitas veces ese servizo non estará dispoñible ou levaravos a onde non queredes!
Seredes quen de atopar as respostas deste reto? Lembrade que temos un gran mapa de Meaño na parede exterior da aula creativa, que pode axudar moito! Ademais, aproveitade para falar coa familia, seguro que vos poden orientar. Na biblioteca temos mapas máis pequenos de Meaño, Galicia, España, Europa... Non dubidedes en vir a consultalos. Tamén temos nela as fichas que debedes cumprimentar!
Aquí vos deixamos o novo reto:
domingo, 1 de enero de 2023
Reto de xaneiro: Descifra!
Presentamos os retos de xaneiro. cómpre que descifredes xeróflifos. Botade man da familia e pasade un intre divertido. Xa sabedes, imaxinación, moita imaxinación e humor.
Pasa pola biblioteca para recoller a ficha que debes entregar coa solución. Debes resolver oito xeróglifos e escribir o resultado na ficha; lembra poñer o número dos elixidos. Sorte!
jueves, 1 de diciembre de 2022
Reto de decembro
Aquí está o reto de decembro. A idea é pasalo ben e comprobar a vosa capacidade de expresarvos musical e corporalmente. Sodes torpes? Cantades mal? Que máis dá!, é Nadal e as vacacións están aí á vista!
Xa sabedes: catro selos se vindes ou entregades o vídeo a 1ª semana; dous selos se o facedes na segunda... E desta teredes selos pola orixinalidade (a forma de cantala, a elección da panxoliña, bailes); pola interpretación vocal ou musical (seremos xenerosos!); polo disfrace; e pola coreografía (buscade quen baile convosco).
Lembrade que o premio é unha tablet!!!!
viernes, 4 de noviembre de 2022
martes, 1 de noviembre de 2022
Reto para 2º da ESO: Investiga!
Estas son as pistas para 2º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
Reto para 3º da ESO
Estas son as pistas para 3º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
Reto para 4º da ESO: Investiga!
Estas son as pistas para 4º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
lunes, 31 de octubre de 2022
Reto de novembro: Investiga!
sábado, 1 de octubre de 2022
miércoles, 28 de septiembre de 2022
Os retos da biblio
A biblioteca ten
preparados unha serie de retos para realizar ao longo do
curso. Todos eles están pensados para traballar a compotencia AMI
(alfabetización mediática e informacional) e a dedución lóxica.
Cada mes proporemos un reto distinto e acadaredes puntos (selos) pola
correcta solución, pero tamén pola data de entrega. En cada reto explicaremos
os puntos da solución. En canto á data de entrega, daranse catro selos se a
entrega da ficha se fai durante a primeira semana do mes; tres, se se entrega
na segunda semana; dous, na terceira; e un, na cuarta. Na ficha, que
recolleredes na biblio, poñeredes os vosos datos, a solución e o día de
entrega, porque en caso de empate, teremos en conta o día concreto da semana.
Oo final de curso daremos un agasallo a quen gañe o concurso!
Podedes e debedes botar man da vosa familia para que vos axude na
resolución. Aproveitade para descubrir todo o que saben! De feito no 1º reto
podedes pasar un bo intre e ata podedes botar unhas risas!
O día 1 de outubro publicaremos no blog o 1º reto. Tamén estará
nos taboleiros da biblio. Estade atentos!




.png)



%20(1).png)



















.png)