jueves, 17 de noviembre de 2022

Charla de Paco Basanta e Sara Meijide

 O locutor deportivo Paco Basanta e a xornalista Sara Meijide, ambos os dous da Cadena Ser Lugo, colaboraron coa materia de Radio dando unha charla ao alumnado de 2º da ESO. Aprendemos moito, sobre todo, como falar na radio ou elaborar un programa. Foi un xeito ben fermoso e útil de achegar as familias ao centro. Grazas aos dous polo amabilidade e disposición. Esta charla é froito da colaboración entre o Equipo de Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega.


Momento da videoconferencia

Alumnado de 2º ESO do Obradoiro de Radio (STEAM II)


viernes, 11 de noviembre de 2022

Venres de experimentos científicos na biblioteca

 



No noso centro seguimos demostrando que se pode facer ciencia en galego. O profesorado das materias científicas animou o alumnado a facer experimentos na biblioteca. Todos os venres durante o segundo recreo a zona de bancadas convértese nun laboratorio científico:


Extraendo o ADN dun plátano


Amosando as densidades


Público asistente.


miércoles, 2 de noviembre de 2022

Novembro: mes da ciencia en galego

O mes de novembro está dedicado á ciencia en galego. Deste xeito demostramos que a ciencia, como todo, se pode facer no noso idioma. A biblioteca non pode deixar pasar esta oportunidade. Empezamos cos retos científicos e continuamos coa exposición de libros:




martes, 1 de noviembre de 2022

Reto para 1º da ESO: Investiga!

    


Estas son as pistas para 1º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!







Reto para 2º da ESO: Investiga!

 

    Estas son as pistas para 2º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!







































Reto para 3º da ESO

 

Estas son as pistas para 3º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!











Reto para 4º da ESO: Investiga!

Estas son as pistas para 4º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!