Mostrando entradas con la etiqueta Mes da ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mes da ciencia. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de noviembre de 2023

Os novos poliedros de Igaciencia

Un ano máis participamos no concurso de novos poliedros de Igaciencia. Aquí temos ao alumnado de 4º diante das súas creacións:




viernes, 24 de noviembre de 2023

Ciencia en galego

O 24 de novembro levouse a cabo a videoconferencia  “Ciencia en galego” con Mónica Cartelle, investigadora galega afincada nos EEUU, promovida polo departamento de Bioloxía e EDLG, co apoio de Lingua Galega e Biblioteca.





viernes, 11 de noviembre de 2022

Venres de experimentos científicos na biblioteca

 



No noso centro seguimos demostrando que se pode facer ciencia en galego. O profesorado das materias científicas animou o alumnado a facer experimentos na biblioteca. Todos os venres durante o segundo recreo a zona de bancadas convértese nun laboratorio científico:


Extraendo o ADN dun plátano


Amosando as densidades


Público asistente.


miércoles, 2 de noviembre de 2022

Novembro: mes da ciencia en galego

O mes de novembro está dedicado á ciencia en galego. Deste xeito demostramos que a ciencia, como todo, se pode facer no noso idioma. A biblioteca non pode deixar pasar esta oportunidade. Empezamos cos retos científicos e continuamos coa exposición de libros:




martes, 1 de noviembre de 2022

Reto para 1º da ESO: Investiga!

    


Estas son as pistas para 1º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!







Reto para 2º da ESO: Investiga!

 

    Estas son as pistas para 2º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!







































Reto para 3º da ESO

 

Estas son as pistas para 3º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!











Reto para 4º da ESO: Investiga!

Estas son as pistas para 4º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!















lunes, 31 de octubre de 2022

Reto de novembro: Investiga!

Este mes de novembro propoñemos retos científicos, xa que empezamos o mes da ciencia en galego! Desta deixámosvos catro actividades por curso. Así que estade atentos e investigade as do voso nivel: haberá 4 para 1º da ESO; outras 4 para segundo e así sucesivamente. 
Cando teñades o resultado (sempre será un número de 4 cifras) deberedes pasar pola biblioteca e abrir as catro caixas que teñen catro cadeados numéricos. Cada caixa estará numerada e para abrir a caixa número 1 tedes que introducir no cadeado a resposta do problema número 1, e así con todas. 
Dentro de cada caixa atoparás unha palabra que deberás escribir na ficha que temos á túa disposición na biblioteca. Ao final completarás a frase gañadora!
Esta noite, entre as 00'00 e as 00'03 horas aparecerán as pistas por cursos colgadas no blog!
Sorte!