Na materia de Educacón Física, o alumnado elaborou carteis sobre mulleres deportistas galegas, dándolle especial relevancia a alumnas e exalumnas do centro, xa que este ano o noso PDI, "Vodas de prata", traballa o vintecinco aniversario do IES e outras mozas do concello.
lunes, 11 de marzo de 2024
lunes, 1 de mayo de 2023
Reto de maio: Localízate!
O último reto deste curso está relacionado co noso PDI, O Meaño que queremos. Pedímosvos que localicedes os seguintes enclaves co concello, collidos de Google maps.
Debedes indicar que lugar ou edificio é o que se mostra e en que parroquia se atopa.
Xogade coa familia, entre todos seguro que o resolvedes axiña.
miércoles, 22 de marzo de 2023
O alumnado de 2º da ESO no Centro de Día
Hoxe parte do alumnado do IES de Meaño foi recitar poemas ao Centro de Día de Meaño. Esta actividade realizouna o departamento de Lingua Castelá e colaborou o Equipo de Biblioteca. Na calse prepararon os poemas, aprenderon a recitar, a vocalizar e xesticular, e, por suposto, a memorizar. Despois de recitalos na aula, animáronse a facelo fóra o IES. Foi un éxito total!
Se clicades enriba da imaxe podedes ver o libro que crearon e o nome dos rapaces e rapazas que recitaron os poemas.
martes, 1 de noviembre de 2022
Reto para 1º da ESO: Investiga!
Estas son as pistas para 1º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
lunes, 31 de octubre de 2022
Día de Defuntos
Por fin puidemos celebrar o Día de Defuntos como antes da pandemia. Lemos na biblioteca unha selección de relatos de terror presentados ao concurso: os dous gañadores e outros finalistas. A biblioteca estivo preparada para recibir os premiados:
Lara González lendo o seu relato finalista
viernes, 21 de octubre de 2022
Relatos gañadores do concurso de relatos de terror
Os gañadores do concurso de relatos foron Xabi García Blanco de 2º ESO, en lingua galega, e Ainara Fernández Sueiro de 3 da ESO, en lingua inglesa. Parabéns aos dous. Deixámosvos aquí os relatos para que sufrades un pouco:
RELATO GAÑADOR EN LINGUA GALEGA
XABI GARCÍA BLANCO
ONDE ESTOU?
Son Xoán, son un neno e vivo en Dena. Vou ao IES de
Meaño coma un día normal. A miña familia marcha para traballar; quedo só, na
casa, facendo o almorzo, a cama e vestíndome. Collo a mochila e o ordenador e
cando vou saír, a porta da casa non abre. Marcha a luz, sinto de súpeto coma se
fose de noite e...
─ Ah ─esperto do pesadelo─. Uf, que medo!
Diríxome ao
instituto e cando chego atopo os nenos que... me fan bulying.
─ Ai, que fas?
Mancáchesme ─digo queixándome.
─ Oh, fíxenlle
dano? Que mágoa ─di Breixo aos seus amigos.
─Ja ja ja ja ja ja
ja ja ─rin todos á vez.
Vou cara á miña
clase, todo está feito po. Fai un mal día, todo o ceo está nubrado, empeza a
chover. Sento atrás de todo, agochándome, para que ninguén me vexa. A profesora
dime que lle conteste unha pregunta, pero eu quedo en branco, non sei que
contestar, digo unha parvada e todos se rin de min. Quero empezar a chorar, a
profesora dime que vaia ao lavabo.
Polo camiño penso:
Non sei que fixen
mal, non era a resposta? Cal era? Quero irme, non me aprecian, ninguén o fai, é
inxusto, quero sentirme respectado, por que non o fan? Será con todos ou só
comigo?
Cando entro no baño
prendo as luces, entro no váter, vólvese a ir a luz, sinto outra vez que é de
noite.
─ Hai alguén! ─grito con todas as miñas
forzas.
Creo que estou so,
non percibo a ninguén. Empezo a escoitar uns pasos, volvo a gritar pero ninguén
responde. Comezo a quedarme durmido, abren a porta e...
─Onde estou?
RELATO GAÑADOR EN LINGUA INGLESA
AINARA FERNÁNDEZ SUEIRO
WHO ARE YOU?
We all planned the trip with
enthusiasm. Finally the day had come to prepare
everything to travel to Meaño, a small town with a few habitants but lots of things
to see and visit.
My alarm clock rang.
—Oh no, what time is it? Did I
oversleep? Are they here already? —I had been waiting
for months for this day.
Luckily, my suitcase was already packed. I turned on the television while I was getting ready, and at that moment
they were showing
the news of the tenth anniversary of the six-year-old
twins who had disappeared in Meaño, precisely
where we were going to travel to. Just the thought of it made me shiver....
In fifteen minutes I was ready with
my jeans, my long-sleeved T-shirt and my new trainers.
I
heard the sound of the horn of Marcos's car. They had arrived. I grabbed
my suitcase and went down the steps, two at the same time. In three minutes
I was seated and on my way to
the airport.
The journey wasn't very long and
when we arrived at our destination my mind
was flooded with memories of my childhood. Meaño was my grandparents' town, and my parents had moved to
another town, due to a sad event, when I was only six
years old.
Around five o'clock in the afternoon
we arrived at the Valdamor rural house we had booked. We unpacked
and had a little tour of the house, which
by the way, was beautiful. To my surprise, on the kitchen table there
was a newspaper dated 31 October
2012, and the front page was precisely
the disappearance of the
twins. The same news I had heard in the morning while I was getting dressed. Did the owners of the house know what had
happened? My hair stood on end and
a small shiver ran through my body.
Just then my friends called me and my
mind snapped back to reality. We organised
ourselves to make dinner, having
a fun time together.
We opened the fridge and, as
expected, it was empty. Finally it was Andrés and Marcos's turn to go shopping, so I took the opportunity to choose my room. I went up the stairs counting
every step and when I got to the bottom I opened
the door. I froze. A boy around my age greeted me from inside. With my mouth open and moved by an impulse I
closed the door. I took a deep breath and, with my heart pounding, I opened it again. Surely it was my imagination or a curtain
flying across the open window.
But no, there it was again, that silhouette
waving at me. Now my feet started running down the stairs three at a time. I
reached Laura and told her what had happened,
almost out of breath from running. She thought I was playing a joke on her, but my face
didn't say the same, so we decided to
go upstairs together. When we reached the landing, the door was still open, but there was no sign of the young man who had greeted me. Just then the boys arrived
with the groceries and we went down to the
kitchen to prepare dinner. There we enjoyed the moment, we laughed and made jokes, but I didn't want to talk too
much about what had happened, although Laura tried.
It was late and we went to our
rooms. I fall asleep soon, but in the early morning
I woke up anxious and went downstairs to get a glass of water. When I got to the kitchen I saw that the fridge
was open, a carton of milk was dripping on
the floor, and next to it laid a piece of an old newspaper that said
"THANK YOU". I looked
around, but there was no one. The joke was already going too far. Had Laura told Marcos and Andrés anything?
I was pretty angry, so I decided to go
and wake them up. They were surprised and we immediately went down to the kitchen to check. When we
got there, everything had been cleared
up and the note had disappeared. It wasn't funny. They ignored me and went back
to bed. I hardly slept
that night.
The
next morning, with our backpacks
on our shoulders, we went hiking in the surroundings. We enjoyed the views, the beautiful windmills, the viewpoints of
Fontefría and San Cibrán... But when we returned home, I was surprised
by a note in my room that said: "I
missed you".
My twin brother was still
a joker
martes, 4 de octubre de 2022
Concurso de relatos de terror
jueves, 9 de junio de 2022
Fonte e lavadoiros de Meaño
jueves, 2 de junio de 2022
Cómic en Francés
O alumnado de 1º da ESO está creativo, así que da man da súa profesora de Francés, Sandra Sánchez, puxéronse a elaborar cómic neste idioma. Crearon obras ben bonitas. Botádelles un ollo:
viernes, 13 de mayo de 2022
Charla de Pablo Piñeiro e Fran Perea
O Equipo Directivo, o Departamento de Orientación e Biblioteca púxose en contacto con Pablo Piñeiro, un exalumno do centro, para que nos viñese dar unha charla aos grupos de 3º e 4º da ESO sobre as perspectivas de futuro. Pablo lembrou os seus anos no centro e como probou múltiples facetas e actividades na súa vida: foi deportista (xogador de fútbol), escritor (temos na biblio un exemplar do seu libro De tu corazón a mi libro), modelo e actor. A súa visita trouxo sorpresa, xa que veu acompañado de Fran Perea, con quen actúa no espectáculo Lo que te contaron del amor, e que participou tamén na charla. Houbo autógrafos, alumnado que quería coñecelos,... e tamén algún profesorado! O mellor é que o alumnado quedou encantado.
jueves, 17 de marzo de 2022
Os deportistas de Meaño
A amteria de Educación Física fixo co seu alumnado unha recollida de deportistas do concello de Meaño, e, entre eles e elas, hai varias alumnas e ex alumnos do centro. Hai moita variedade de deportes. Con todo o seleccionado, elaboraron un cartel que foi un dos máis vistos deste curso!
martes, 21 de diciembre de 2021
O alumnado convértese en transmisor!
Chegou o día en que alumnado de 2º e 4º transmite a información que nos achegaron Tino Hermida e Benito Orge. Empezaron dándolles a charla aos compañeiros e compañeiras de clase:
Arancha explicándolle á clase de 2º C os petróglifos da Sobreira.
Silvia falando do castro de Dena e das pedras de muíño atopadas
Marta díxoo todo do molde dos machados
domingo, 12 de diciembre de 2021
Charla de Tino Hermida sobre o patrimonio de Meaño
O día 10 de decembro o profesor de Historia e xornalista Tino Hermido veu darnos unha charla ao IES sobre o patrimonio de Meaño. Estas conferencias entran dentro da fase de sensibilización do PDI deste ano "O Meaño que queremos".
Como non puido asistir todo o alumnado, fixemos dous grupos cunha selección de rapazas e rapaces de 2º e 4º da ESO para que sexan elas e eles quen transmitan ao resto do alumnado o que Tino Hermida lles comunicou sobre o noso patrimonio.






































