lunes, 18 de octubre de 2021

Estreamos biblioteca

 Ola a todas e todos. Este curso estamos de estrea xa que temos unha biblioteca-aula de proxectos renovada. A biblio medrou e converteuse nun lugar de traballo, innovación, exposición, lecer,... E para iso puxemos bancadas, zonas de traballo e lecer, con xogos educativos, espazo para traballo con ordenadores, cabina de radio, croma.... Ten unha cara nova e ben fermosa. Só queda sacarlle todo o proveito, sen esquecer manter as normas covid.








viernes, 15 de octubre de 2021

LIBRO DE POETAS IES de MEAÑO

  

Grazas á Deputación de Pontevedra xa temos a nosa versión en papel do Libro de poetas feito no proxecto de 2º da ESO “Viaxe ao centro da poesía” na materia de Lingua Galega en colaboración con Plástica, o equipo de EDLG, Biblioteca e un grupo de 15 poetas do máis alto nivel: Darío Xohán Cabana, Xavier Seoane, Oriana Méndez, Gonzalo Hermo, Rosalía Fernández Rial, Fran Alonso, Antonio García Teijeiro, Miro Villar, Marga do Val, Marta Dacosta, Berta Dávila, María do Cebreiro, Estíbaliz Espinosa e Méndez Ferrín. Quen mellor ca eles e elas para ensinarnos algo de poesía? Desta vez a sociedade entrou nas aulas para contribuír á educación do alumnado.

Grazas a todas e todos por facelo posible.

Se queredes ver o libro en pdf, clicade enriba da imaxe da portada. Nesta versión están corrixidos os erros na autoría de tres imaxes: a da páxina 44 é de Claudia Fandiño; a da páxina 62 é de Rocío Portas, e a da 63 de María Torres. E tamén incluímos a opinión sobre a situación da poesía actual de Estíbaliz Espinosa. Pedimos desculpas por estes erros na impresión.

ANTIGO BLOG DA BIBLIOTECA DO IES MEAÑO

ESTE É O ENLACE AO ANTIGO BLOG DA BIBLIOTECA DO IES MEAÑO