RAP EN GALEGO
O pasado mércores, día 20 de outubro, vistounos un mozo
chamado Cris[i]
que nos falou sobre o rap en galego.
Comezou facéndonos preguntas sobre os distintos tipos de
música que escoitabamos e os grupos musicais que coñeciamos. Seguiu preguntando
polos grupos que facían música en galego que coñeciamos, Tanxugueiras, Fillas de Casandra,
A banda da Loba... Así foron saíndo nomes, a verdade hai moita xente
facendo música en galego!
Tamén vimos uns vídeos de grupos rapeando en galego.
Algúns eran grupos que coñecía e até saíu el mesmo, Nervo, cantante de Rebeliom do inframundo,
coas Fillas de Casandra.
Logo chegou a parte creativa, crear o noso propio rap en
grupo, logo de facer no encerado unha chuvia de ideas para escribir o noso rap.
A categoría foi: cousas que mellorar no instituto: máis tempo de recreo, máis
saídas, máis empatía, falar máis galego etc.
Unha vez feito iso, comezamos a escribir os nosos raps de arredor de catro estrofas coa música
de fondo (jazz) que puxera Cris para axudarnos na concentración.
Despois dun tempo,
chegou o momento de mostrarlle ao auditorio (o propio alumnado) os nosos
raps. Foi moi divertida esa parte. Todos estabamos rapeando, algúns coas
capuchas postas e demais, acompañados dunha base que nos puxo na pantalla.
Todas e todos desfrutamos do rap en galego.
Claudia Rodríguez Moreda, 2º ESO C
[i] Voz
principal da banda Rebeliom do inframundo e integrante CeibaRimas, proxecto que segue medrando e
espallando o freestyle en galego



No hay comentarios:
Publicar un comentario