Esta foi unha semana intensa na bilioteca do centro. Comezámola celebrando a Semana Mundial da AMI e rematamos co Certame de Relatos de Terror. Todo moi intenso; pero vaiamos por partes.
A biblioteca organizou unha Caza do Tesouro para salientar a necesidade de desenvolver a capacidade para interpretar a información do mellor xeito posíbel, así como de a manexar de xeito apropiado.
Para iso luns, martes e mércores, por quendas, organizáronse unha serie de retos que tiñan por obxecto poder explicar como sabemos se unha información é fiábel, que fontes podemos consultar e como contamos nós unha historia sen confundir realidade e ficcción.
A nosa Caza do Tesouro relacionaba a nova do roubo de parte dun tesouro prehistórico en Villena coa da retirada temporal, por seguridade, do Tesouro de Caldas e do Tesouro de Agolada da exposición do Museo de Pontevedra, por recomendación do CIMU (Consello Internacional de Museos) ante os roubos doutros tesouros en diferentes localidades europeas; para rematar un podcast finalista na segunda edición dos Premios José Hermida Radio Pontevedra. Logo dunhas probas, accedíase ao gran tesouro que custodia a biblioteca e que non é outro que a información fiábel.

Para rematar a semana, e con motivo da celebración do Samaín, na biblioteca participamos da lectura e escoita dunha selección dos relatos presentados ao Certame de Relatos de Terror. O ambiente foi distendido, pese a que algúns foron terroríficos e que, nalgunhas ocasións, o renxer dunha porta ou un riso histérico fíxonos pegar un chouto na bancada. Os premios, segundo a categoría e a lingua do relato en castelán, galego e francés fixéronse públicos o mesmo día 30, ao final da mañá, xunto cos outros premios: sobremesas, disfraces, ilustración de pastas de libros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario