martes, 21 de diciembre de 2021

O alumnado convértese en transmisor!

 Chegou o día en que alumnado de 2º e 4º transmite a información que nos achegaron Tino Hermida e Benito Orge. Empezaron dándolles a charla aos compañeiros e compañeiras de clase:

Arancha explicándolle á clase de 2º C os petróglifos da Sobreira.



Silvia falando do castro de Dena e das pedras de muíño atopadas



Marta díxoo todo do molde dos machados



Carlota deunos unha lección sobre as mámoas



Tania falando dos muíños



Daniela explicando os lavadoiros





En 2º B foi Lucía quen nos explicou todo dos lavadoiros do concello


Ainara comentouno todo dos piornos


Raúl falounos das fontes








sábado, 18 de diciembre de 2021

Saímos no Faro de Vigo

 O FAro de Vigo sacou unha reportaxe sobre a charla de Tino Hermida, xunto con Benito Orge, no noso centro para falar do patrimonio do concello.




domingo, 12 de diciembre de 2021

Charla de Tino Hermida sobre o patrimonio de Meaño

 O día 10 de decembro o profesor de Historia e xornalista Tino Hermido veu darnos unha charla ao IES sobre o patrimonio de Meaño. Estas conferencias entran dentro da fase de sensibilización do PDI deste ano "O Meaño que queremos".

Como non puido asistir todo o alumnado, fixemos dous grupos cunha selección de rapazas e rapaces de 2º e 4º da ESO para que sexan elas e eles quen transmitan ao resto do alumnado o que Tino Hermida lles comunicou sobre o noso patrimonio.


 Tino Hermida durante un momento da charla


Grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO


Aprenderon moita historia do concello: a presenza de castros tapados, petróglifos, mámoas,...  Na seguinte imaxe Tino fálanos da pedra que contén un molde para facer machadas e que foi atopada na zona do castro




Tamén falou das igrexas, as leccións dos canzorros, casas rectorais, o pazo de Lis, os cruceiros, piornos, muiños e lavadoiros,...



Contamos tamén coa presenza de Benito Orge, mestre xubilado que descubriu os petróglifos e sacou á luz a contorna das casas do castro de Dena xunto co seu alumnado de 6º de primaria. Benito acudiu como invitado pero por sorte tamén nos explicou a súa experiencia ante a atenta mirada dos rapaces e das rapazas, como podemos observar nestas fotos:




Tamén tivo tempo para falar de Herminia Fariña e mesmo Gabriel, de 4º da ESO, leu un poema da autora:



Nas seguintes fotos vemos o alumnado de 4º e de 2º da ESO








viernes, 3 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 
A biblioteca converteuse neste mes nun fervedoiro de experimentación. Alumnas e alumnos de diferentes cursos viñeron durante os recreos á biblioteca facer experimentos para todo o mundo. Foi un auténtico éxito, tanto polos experimentos feitos como polo público que acudiu. O alumnado logrou transmitir diante dun público rigoroso (con profesorado incluído) os seus coñecementos sobre ciencia. Noraboa a todas e todos!

Tamén expuxemos os libros de ciencias máis novos que acabamos de mercar, xunto con outros que nunca pasan de moda!


Experimento da cromatografía


Inflando un globo con vinagre e bicarbonato




Demostrando como funciona a presión atmosférica



Lucía, Marta e Carlota de 3º da ESO



Marta, Carlota e Lucía explicando o efecto Coanda

Experimento da cromatografía


Inflando un globo con bicarbonato







Público asistente

miércoles, 1 de diciembre de 2021

O alumnado de 3º crea cantigas

 O alumnado de 3º da ESO en lingua galego creou cantigas seguindo o modelo das medievais. Fixeron grupos e repartiron papeis: copistas, trobadores, documentalistas,... E o resultado non puido ser máis fermoso, pois crearon carteis cos poemas que decoran as paredes do centro. Unha boa forma de traballar a competencia AMI (procura de información, reelaboración e trasnsmisión) entre outras moitas (dixital e aprender a aprender, por exemplo) e por xuposto a creación literaria. Noraboa aos rapaces e ás rapazas e, por suposto, á profesora María Hervés!