viernes, 30 de septiembre de 2022

Entrega de diplomas ao alumnado colaborador

 


Por fin chegaron os diplomas do alumnado colaborador do curso pasado e xa fixemos entrega deles. Agradecemos todo o traballo realizado ao longo do curso. Este ano seguen parte deles e incorpóranse outro alumnado, sobre todo de 1º da ESO. Graciñas!

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Os retos da biblio




A biblioteca ten preparados unha serie de retos para realizar ao longo do curso. Todos eles están pensados para traballar a compotencia AMI (alfabetización mediática e informacional) e a dedución lóxica. 

Cada mes proporemos un reto distinto e acadaredes puntos (selos) pola correcta solución, pero tamén pola data de entrega. En cada reto explicaremos os puntos da solución. En canto á data de entrega, daranse catro selos se a entrega da ficha se fai durante a primeira semana do mes; tres, se se entrega na segunda semana; dous, na terceira; e un, na cuarta. Na ficha, que recolleredes na biblio, poñeredes os vosos datos, a solución e o día de entrega, porque en caso de empate, teremos en conta o día concreto da semana. Oo final de curso daremos un agasallo a quen gañe o concurso!

Podedes e debedes botar man da vosa familia para que vos axude na resolución. Aproveitade para descubrir todo o que saben! De feito no 1º reto podedes pasar un bo intre e ata podedes botar unhas risas!

O día 1 de outubro publicaremos no blog o 1º reto. Tamén estará nos taboleiros da biblio. Estade atentos!


sábado, 17 de septiembre de 2022

Formación de usuarios

 


Momento da formación de usuarios en 2º da ESO


A primeira semana do curso, do 12 ao 16 de setembro, fixemos a formación de usuarios para todo o alumnado porque houbo moitos cambios na biblioteca e cumpría aclaralos a toda a comunidade educativa.

Pasaron todos os cursos polas bancadas. Cos de 1º da ESO a formación foi máis específica. Compartimos actividades e xogamos un pouco!

jueves, 8 de septiembre de 2022

Benvida ao curso 2022-23

 Ola a todas e todos!

Xa estamos de volta! E máis cedo ca nunca. A aula creativa xa ten as portas abertas e a biblioteca está chea de libros, películas, xogos,... esperando que os recollades.

Por fin recuperamos a normalidade e, con ela, os espazos perdidos, así que volvemos a ter zonas de lectura informal espalladas polo centro; e os xogos saen da biblioteca para que poidades pasalo ben sen molestar.

Lembrade que usamos un programa de xestión novo, o Koha, polo que xa non é preciso o número de lector que vos dabamos antes. Tamén temos á nosa disposición a plataforma E-LBE.2 para a lectura  en formato dixital, pero ademais contén outros fondos (podcast).

Axiña poremos en marcha a "Hora de Ler", así que pasade a recoller as vosas lecturas á biblioteca, que temos libros novos, interesantes e ben bonitos.

Vémonos nas sucesivas formacións de usuarios da próxima semana, durante as cales buscaremos "voluntarias e voluntarios" de biblioteca, membros para o club de lectura e un posible club de radio,... Apúntaste?

Ata daquela!