jueves, 8 de septiembre de 2022

Benvida ao curso 2022-23

 Ola a todas e todos!

Xa estamos de volta! E máis cedo ca nunca. A aula creativa xa ten as portas abertas e a biblioteca está chea de libros, películas, xogos,... esperando que os recollades.

Por fin recuperamos a normalidade e, con ela, os espazos perdidos, así que volvemos a ter zonas de lectura informal espalladas polo centro; e os xogos saen da biblioteca para que poidades pasalo ben sen molestar.

Lembrade que usamos un programa de xestión novo, o Koha, polo que xa non é preciso o número de lector que vos dabamos antes. Tamén temos á nosa disposición a plataforma E-LBE.2 para a lectura  en formato dixital, pero ademais contén outros fondos (podcast).

Axiña poremos en marcha a "Hora de Ler", así que pasade a recoller as vosas lecturas á biblioteca, que temos libros novos, interesantes e ben bonitos.

Vémonos nas sucesivas formacións de usuarios da próxima semana, durante as cales buscaremos "voluntarias e voluntarios" de biblioteca, membros para o club de lectura e un posible club de radio,... Apúntaste?

Ata daquela!


No hay comentarios:

Publicar un comentario