martes, 29 de marzo de 2022

Haikus pola paz

 O alumnado de 2º da ESO traballou en Lingua Galega o haiku. Biblioteca animounos a elaborar unha serie deles motivados pola guerra en Ucraína. Deste xeito, a rapazada achegouse á sociedade e fíxose partícipe da dor e o sufrimento do pobo.  Vaia, que a guerra entrou tamén nas aulas, e o alumnado amosou unha sensibilidade incrible. Finalmente expuxéronse na entrada do centro.















viernes, 18 de marzo de 2022

Poemas obxecto

 Na materia de Lingua Galega estiveron traballando a poesía. Cando remataron a lectura do libro Cidades de Fran Alonso, crearon poemas obxecto. Expuxéronos no corredor e atraeron miradas curiosas. Unha boa forma de amosar a súa particular visión plástica da palabra escrita. Velaí algúns exemplos: 








jueves, 17 de marzo de 2022

Os deportistas de Meaño

 A amteria de Educación Física fixo co seu alumnado unha recollida de deportistas do concello de Meaño, e, entre eles e elas, hai varias alumnas e ex alumnos do centro. Hai moita variedade de deportes. Con todo o seleccionado, elaboraron un cartel que foi un dos máis vistos deste curso!


Aquí a ficha de Lucía de 2º da ESO, unha gran regatista.

E Julieta, tamén de 2º, competidora de hípica.

E o noso exalumno, Pablo Piñeiro, hoxe actor de prestixio, entre outras facetas.




jueves, 10 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller

 Un ano máis chega o 8 de marzo e o IES de Meaño desprega a súa pancarta para berralo ben alto. Na materia de Igualdade, o alumnado de 2º da ESO traballou arreo para conmemoralo e lembrar a todas aquelas mulleres que nos deixaron este ano por mor da violencia de xénero. Para iso ofreceron a súa particular visión desta violencia a través da metáfora visual. Cada unha destas caixas, que se colgaron na biblioteca, serviu para amosar a súa particular visión deste problema social.






Ademais un grupo de alumnas de 4º elaborou un vídeo presentación sobre mulleres recoñecidas en diversos ámbitos, que se visionou en todas as aulas durante a Hora de Ler.