Este mes de novembro propoñemos retos científicos, xa que empezamos o mes da ciencia en galego! Desta deixámosvos catro actividades por curso. Así que estade atentos e investigade as do voso nivel: haberá 4 para 1º da ESO; outras 4 para segundo e así sucesivamente.
Cando teñades o resultado (sempre será un número de 4 cifras) deberedes pasar pola biblioteca e abrir as catro caixas que teñen catro cadeados numéricos. Cada caixa estará numerada e para abrir a caixa número 1 tedes que introducir no cadeado a resposta do problema número 1, e así con todas.
Dentro de cada caixa atoparás unha palabra que deberás escribir na ficha que temos á túa disposición na biblioteca. Ao final completarás a frase gañadora!
Esta noite, entre as 00'00 e as 00'03 horas aparecerán as pistas por cursos colgadas no blog!
Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario