martes, 14 de noviembre de 2023

"Pantasma" por María Luísa Muñiz

 Pantasma

- Chao, María!

- Ata mañá, Lúa!

Si, esa era María. Tiña dezanove anos e acababa de saír da casa da súa amiga Lúa despois dunha tarde de proxectos. María vivía un pouco lonxe da casa da súa amiga, pero non lle importaba. Sempre que ía, pasábao en grande. Cerca da casa de Lúa había un bosque. Era tranquilo, moi bonito nesta tempada e sobre todo silencioso.

A rapaza foi polo bosque camiñando a paso lixeiro. Sabía o camiño enteiro. Soou Creación artistico móbil. Era Mónica. Deixárana soa no grupo e estaba indignada.


- NON É XUSTO! DEIXÁCHESME SOA! –Mónica enfadábase por todo.

- Tranquila, só foron cinco minutos –Lúa entrara no grupo.

- CINCO MINUTOS DE QUE?! PASARON DÚAS HORAS!


María xa estaba acostumada ás pelexas parvas das súas amigas. Así que apagou o móbil.

Tempo despois chegou ata un descampado.

Escoitouse un ruído.

Algo rompera tras dela. Xirouse.

Non había ninguén, non había nada.

Volveu escoitar o son pero esta vez máis cerca. A rapaza empezou a acelerar o paso. Sentía a mirada afiada de alguén que a observaba. Cada vez máis cerca, cada vez máis afiada.

Chegou á casa correndo. Xirouse unha vez para ver que pasaba.

Non debería telo feito.

Cara a cara. Outra vez. Ese personaxe, aquel rapaz...

María quedou cunha mirada aterrada. Entrou na casa e fechou a porta. Correu escaleiras arriba e encerrouse na súa habitación.

‘‘Estaba a alucinar, era imposible’’ dicíase a si mesma. Sooulle o móbil.

- Ola!

- Ola, si, son Xoán, do departamento de policía.

A rapaza non dixo nada.

- Queríalle dicir que encontramos o cadáver do seu amigo Serxio, se podería vir e...

María cortou a chamada. Mirou pola fiestra e viuno de novo. A pantasma volvía ó bosque.

- Pero, se encontraron o corpo... Quen o sacou do soto?

...


No hay comentarios:

Publicar un comentario