O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:
Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.
Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!
Así é o resultado final
No hay comentarios:
Publicar un comentario