A celebración do Samaín
Bo día!! Como estades? Nós aterradas ante o terrorífico túnel do terror que nos tiñan preparado para este pasado xoves 30.
O alumnado de 3ºESO axudou na decoración da biblioteca, creando así unha atmosfera fantástica para ler os relatos de medo. Foi un día cheo de risas e sorpresas, grazas aos mestres, que organizaron o concurso de relatos e aos alumnos e alumnas de 4ºESO, que organizaron o concurso de pasteis, disfraces e o kahoot.
Achegamos algunhas imaxes arrepiantes sobre a celebración:
O concurso de relatos foi gañado polas nosas excepcionais compañeiras:
Iria Padín Cores, Laura Bouzas Balboa e Oliva Julia Katscher Vidal de 3ºB e Noa Senra Varela de 1ºB.
O concurso de disfraces ganárono os nosos compañeiros, que se disfrazaron da Santa Compaña, moi orixinais, non creedes? Aquí os tedes:
Lucas Buceta Mosteiro, Rubén Lorenzo Canizo, Gael Fernandez Berreco e María Vallejo Garrido de 3ºA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario