Un ano máis izamos as velas do blog da nosa biblioteca. Así pois, comezamos o curso convocando a todo o alumnado do centro coa finalidade de dar a coñecer o funcionamento da biblioteca e o procedemento de préstamo de libros.
Durante estas sesións tamén explicamos a táboa simplificada da C.D.U. (Clasificación Decimal Universal) para que o alumnado coñeza mellor o proceso de catalogación e ordenación dos libros que poden ler na nosa biblioteca e acompañarnos así nesta viaxe marítima que esperemos que chegue a bo porto coa axuda do Alumnado Voluntariado que colabora no proceso de préstamos e colocación dos libros!
Nesta travesía o alumnado máis viaxeiro participa no Club de lectura (organizado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura, Mari Daporta, e a nosa pedagoga terapéutica, Cristina).
Namentres as máis comunicadoras e comunicadores do instituto amenizan os nosos tempos de lecer no Club de Radio coa axuda da nosa orientadora Belén.
Xa sabes…
Achégate e navega connosco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario