Como diría o noso querido Ánxel Fole…
As meigas atinan sempre!
E nós celebramos o Samaín achegándonos ao relato de tradición oral de terror e ao mundo das meigas, os sapos e as curuxas.
O 31 de outubro o noso alumnado máis aterrador tivo a oportunidade de ler relatos de creación propia en galego e castelán na biblioteca do centro.
Tamén organizamos un concurso de portadas terroríficas de libros.
Parabéns aos gañadores e gañadoras!
Ademais engalanamos a biblioteca para a ocasión…
Achegamos un vídeo-resumo deste día no que tamén celebramos o Magosto cunha boa papatoria de castañas!
E para rematar iste conto:
As meigas atinan sempre…
No hay comentarios:
Publicar un comentario