sábado, 10 de mayo de 2025

Cando leo...

  

A lectura é fundamental para o desenvolvemento individual, social e cognitivo. Amplía coñecementos, estimula a imaxinación, mellora a comunicación e o razoamento.

O pasado 23 de abril celebramos no IES de Meaño o Día do Libro mediante a organización de diversas actividades, xa que cando lemos

                                              desfrutamos

                                                           imaxinamos

                                                  e

                                        relaxámonos.

 

 

 

Durante esta conmemoración traballamos co libro Farenheit 451 de Ray Bradbury, unha historia que xira arredor dunha estraña brigada que queima libros porque  no seu mundo está prohibido ler. 

 E lanzamos a seguinte pregunta ao alumnado:

Que títulos salvariades ante unha hipotética queima de libros?

 

 

Tamén organizamos un concurso de decoración de portas baseado no deseño da portada dun libro que representase cada aula de secundaria.

Achegamos unhas fotografías das mellores portadas!

 









martes, 1 de abril de 2025

Meaño regueifeiro!

  

Onte o alumnado de 2º da ESO aprendeu a regueifear coa axuda dunha experta inigualable: Lupe Blanco!

 



As sesións foron ben interesantes, xa que puideron coñecer a orixe da disputa dialéctica improvisada en verso e compoñer as súas propias coplas.

 





Deixamos unhas fotografías realizadas durante este obradoiro:

 


 

 

No IES temos moit@s artistas que regueifean estupendamente! Mirade estes vídeos:

 





 


 Grazas @luperegueifeira pola túa xenerosidade! Volve cando queiras!

 E ti xa sabes…

Tamén podes regueifear!

sábado, 8 de marzo de 2025

A igualdade fainos imparables!

 

Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8M), o pasado venres 7 de marzo, a bailarina e intérprete de danza contemporánea e folklore Carla Riquelme charlou co alumnado de 3º e 4º da ESO sobre aspectos relacionados coa danza e a igualdade entre mulleres e homes.

 Deixamos unhas imaxes deste momento:

 



 

Andrés, o noso profe de Bioloxía, animouse e danzou coa nosa convidada!

 


 Achegamos tamén un vídeo!

 

 

No noso IES loitamos cada día pola participación plena das mulleres na sociedade e polo seu desenvolvemento íntegro en igualdade de condicións.

Xa sabedes…

A igualdade fainos imparables!

viernes, 21 de febrero de 2025

Vén, amor, a levantar barricadas…

 

O venres 14 de febreiro celebramos o Día de San Valentín, a conmemoración do amor e da amizade mediante a programación de diversas actividades. 

 



Por unha banda, mantivemos unha cita a cegas cun libro da biblioteca:

 


 

 

Tamén deixamos varias mensaxes no noso taboleiro do amor e da amizade:

 


 

As nosas profes de Lingua galega e literatura tamén se animaron a escribir no escaparate da bilioteca. María Hervés optou por uns fermosos versos de Darío Xohán Cabana:

 

Que sería de min,

sen ti á beira!

 

Namentres Sofía Muñiz se animou a escribir unha composición propia:

 

Vén, amor, a levantar barricadas

sobre o noso leito en construción

mentres vivo das ofertas

deste bocio nodular

que me bloquea.

 

 
 

Deixamos máis fotografías deste día tan especial:

 


 

Que viva o amor en todas as súas vertentes!

 

miércoles, 19 de febrero de 2025

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

A igualdade de xénero no ámbito das ciencias é fundamental para construír un futuro mellor para todas as persoas. Porén as mulleres e as nenas seguen enfrontándose a prexuízos á hora de emprender carreiras científicas.

O pasado 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia no IES de Meaño coa finalidade de favorecer o papel clave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e tecnolóxica.

Deixamos unha fotografías realizadas durante esta conmemoración ateigada de lecturas que mostran a implicación da muller neste eido: