A lectura é fundamental para o desenvolvemento individual, social e cognitivo. Amplía coñecementos, estimula a imaxinación, mellora a comunicación e o razoamento.
O pasado 23 de abril celebramos no IES de Meaño o Día do Libro mediante a organización de diversas actividades, xa que cando lemos
desfrutamos
imaxinamos
e
relaxámonos.
Durante esta conmemoración traballamos co libro Farenheit 451 de Ray Bradbury, unha historia que xira arredor dunha estraña
brigada que queima libros porque no seu mundo está prohibido ler.
E lanzamos a seguinte pregunta ao alumnado:
Que títulos salvariades ante unha hipotética queima de libros?
Tamén organizamos un concurso de decoración de portas baseado no deseño da portada dun libro que representase cada aula de secundaria.
Achegamos unhas fotografías das mellores portadas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario