miércoles, 9 de febrero de 2022

21 días co galego e +.

 



Este mes de febreiro o noso centro participa na campaña "21 días co galego e +". Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente está moi implicado coa actividade; e a biblioteca non ía ser menos. Cada semana facemos unha exposición de fondos en galego. A 1 semana dedicámoslla á literatura no noso idioma.







A biblio tamén é o lugar de charlas, experimentos, xogos... en galego! Velaquí unha mostra:




En Educación Física fan unha selección de deportistas


Na materia de Educación Física estiveron traballando, coa súa profesora Montse, o deporte galego e fixeron unha ampla e variada selección de deportistas, homes e mulleres, que destacan ou destacaron nas súas especialidades. Tiveron un bo traballo de procura e selección da información.

Deixamos unhas mostras da variedade de deportistas seleccionadas e seleccionados:





















martes, 21 de diciembre de 2021

O alumnado convértese en transmisor!

 Chegou o día en que alumnado de 2º e 4º transmite a información que nos achegaron Tino Hermida e Benito Orge. Empezaron dándolles a charla aos compañeiros e compañeiras de clase:

Arancha explicándolle á clase de 2º C os petróglifos da Sobreira.



Silvia falando do castro de Dena e das pedras de muíño atopadas



Marta díxoo todo do molde dos machados



Carlota deunos unha lección sobre as mámoas



Tania falando dos muíños



Daniela explicando os lavadoiros





En 2º B foi Lucía quen nos explicou todo dos lavadoiros do concello


Ainara comentouno todo dos piornos


Raúl falounos das fontes








sábado, 18 de diciembre de 2021

Saímos no Faro de Vigo

 O FAro de Vigo sacou unha reportaxe sobre a charla de Tino Hermida, xunto con Benito Orge, no noso centro para falar do patrimonio do concello.




domingo, 12 de diciembre de 2021

Charla de Tino Hermida sobre o patrimonio de Meaño

 O día 10 de decembro o profesor de Historia e xornalista Tino Hermido veu darnos unha charla ao IES sobre o patrimonio de Meaño. Estas conferencias entran dentro da fase de sensibilización do PDI deste ano "O Meaño que queremos".

Como non puido asistir todo o alumnado, fixemos dous grupos cunha selección de rapazas e rapaces de 2º e 4º da ESO para que sexan elas e eles quen transmitan ao resto do alumnado o que Tino Hermida lles comunicou sobre o noso patrimonio.


 Tino Hermida durante un momento da charla


Grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO


Aprenderon moita historia do concello: a presenza de castros tapados, petróglifos, mámoas,...  Na seguinte imaxe Tino fálanos da pedra que contén un molde para facer machadas e que foi atopada na zona do castro




Tamén falou das igrexas, as leccións dos canzorros, casas rectorais, o pazo de Lis, os cruceiros, piornos, muiños e lavadoiros,...



Contamos tamén coa presenza de Benito Orge, mestre xubilado que descubriu os petróglifos e sacou á luz a contorna das casas do castro de Dena xunto co seu alumnado de 6º de primaria. Benito acudiu como invitado pero por sorte tamén nos explicou a súa experiencia ante a atenta mirada dos rapaces e das rapazas, como podemos observar nestas fotos:




Tamén tivo tempo para falar de Herminia Fariña e mesmo Gabriel, de 4º da ESO, leu un poema da autora:



Nas seguintes fotos vemos o alumnado de 4º e de 2º da ESO








viernes, 3 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 
A biblioteca converteuse neste mes nun fervedoiro de experimentación. Alumnas e alumnos de diferentes cursos viñeron durante os recreos á biblioteca facer experimentos para todo o mundo. Foi un auténtico éxito, tanto polos experimentos feitos como polo público que acudiu. O alumnado logrou transmitir diante dun público rigoroso (con profesorado incluído) os seus coñecementos sobre ciencia. Noraboa a todas e todos!

Tamén expuxemos os libros de ciencias máis novos que acabamos de mercar, xunto con outros que nunca pasan de moda!


Experimento da cromatografía


Inflando un globo con vinagre e bicarbonato




Demostrando como funciona a presión atmosférica



Lucía, Marta e Carlota de 3º da ESO



Marta, Carlota e Lucía explicando o efecto Coanda

Experimento da cromatografía


Inflando un globo con bicarbonato







Público asistente

miércoles, 1 de diciembre de 2021

O alumnado de 3º crea cantigas

 O alumnado de 3º da ESO en lingua galego creou cantigas seguindo o modelo das medievais. Fixeron grupos e repartiron papeis: copistas, trobadores, documentalistas,... E o resultado non puido ser máis fermoso, pois crearon carteis cos poemas que decoran as paredes do centro. Unha boa forma de traballar a competencia AMI (procura de información, reelaboración e trasnsmisión) entre outras moitas (dixital e aprender a aprender, por exemplo) e por xuposto a creación literaria. Noraboa aos rapaces e ás rapazas e, por suposto, á profesora María Hervés!










sábado, 27 de noviembre de 2021

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

 A materia de Igualdade, en colaboración co departamento de orientación e o concello de Meaño, quixo conmemorar este día e puxo o seu alumnado a traballar para concienciar da súa importancia pero, sobre todo, para lembrar a todas as mulleres asasinadas, así como as súas fillas e os seus fillos que tamén foron vítimas da violencia vicaria. Fíxose unha exposición de bolborteas e gotas de cores que simbolizaban as vítimas da violencia de xénero, homófoba e vicaria. Tamén se gravou un vídeo-resumo da intervención no espazo dedicado a esta conmemoración, que se pode ver neste enlace.


Debaixo da pancarta colgan os nomes de todas a vítimas da violencia de xénero deste ano.













martes, 16 de noviembre de 2021

Diplomas do alumnado colaborador

 Un ano máis, damos os diplomas ao alumnado colaborador de biblioteca. Moitas grazas a Estrela Carballo e Iago Ferrín polo seu labor durante o difícil curso 2020-21.


miércoles, 3 de noviembre de 2021

Samaín

 Como todos os anos, convocamos o concurso de relatos de terror que gañaron Paula Martínez Rodiño con "Os ollos do marqués" en lingua galega e Ainara Fernández Sueiro con "Atrapados" en lingua castelá. De novo, este curso non puidemos decorar a biblioteca, pero si lemos nas clases os relatos gañadores e outros finalistas. 


Aquí vos deixamos os dous relatos gañadores para que pasades unha tarde aterradora.


ATRAPADOS por Ainara Fernández Sueiro 

    Era 31 de octubre. La mañana estaba tranquila y el sol lucía radiante. 

    Juan y sus amigos habían quedado para dar una vuelta y ver la bonita ruta de los molinos en Meaño. Esa mañana harían senderismo por la zona. 

    El tiempo cambió de repente y en pocos minutos comenzó a llover y los chicos corrieron a refugiarse. Encontraron un molino abierto y entraron rápidamente. Decidieron esperar allí a que escampara. Al poco rato Juan escuchó una voz susurrando algo, pero ninguno de sus compañeros pareció notar nada. Cuando Juan les contó lo ocurrido, todos pensaron que les estaba gastando una broma pero Juan no sonreía, su cara pálida mostraba su miedo. Cada vez la voz sonaba más cerca y Juan pegó un grito. Todos se asustaron. De repente la rueda del molino comenzó a girar. Ahora gritaron todos y echaron a correr hacia la puerta pero ésta no se abría. Los fuertes golpes en la misma y los aterradores gritos hicieron que la rueda del molino parara en seco. Todos quedaron paralizados y mudos. Sus miradas lo decían todo. Se agarraron de las manos y así quedaron un buen rato. La noche se estaba acercando y no les gustaba nada la idea de quedar allí encerrados y menos después de lo que había ocurrido. 

    De repente el vidrio de la ventana se rompió. Se escuchó otro grito entre aquellas cuatro paredes. Aquel día estaba siendo una pesadilla y aún quedaba la noche por delante. Ésta llegó pronto y el frío allí era espantoso. Había luna llena y aunque el cielo estaba cubierto su reflejo hacía ver sombras extrañas en las paredes. 

    Al momento algo cruzó por delante de la ventana, los chicos se asustaron pero asumieron que tendrían que pasar la noche allí. Para ello intentaron acomodarse lo mejor posible, juntaron la paja que encontraron en un rincón e hicieron una especie de camas. Juan se dio cuenta de que al retirar la paja había algo en el suelo, era como una trampilla, decidió meter la mano y sacó un libro deteriorado. Como había poca iluminación no pudieron saber de qué se trataba y tuvieron que esperar a que amaneciera. Todos durmieron intranquilos con un ojo medio abierto y deseando que llegara la mañana para salir de allí y averiguar algo más sobre aquel libro. Para su sorpresa, aquello era un diario y comenzaba así: “Hoy me van a matar…”. Los chicos se miraron nerviosos y empezaron a leer. Estaban expectantes con aquella lectura y a punto de saber quién era la víctima y su asesino cuando en ese momento llegó la policía a buscarlos. Sus padres habían dado aviso la noche anterior y por fin eran localizados. Juan tuvo que entregar el diario y no pudieron resolver aquel misterio. ¿Habría alguna conexión con lo vivido la noche anterior? 



OS OLLOS DO MARQUÉS por Paula Martínez Rodiño


    Cristina, cumprira 15 anos en xuño, era unha adolescente valente e decidida dun pequeno pobo, chamado Meaño.

    Aquela tarde chovía, facía frío, era unha tarde realmente sombría, polo que Cristina aproveitou para visitar o museo da muller labrega de Meaño.

    Despois de subir unhas escaleiras, Cristina fixouse nun cadro,  nin sequera era moi grande pero destacaba entre os demais. Acercouse para ollalo máis de preto, era un retrato dun home, debaixo do cadro había unha placa que poñía “Retrato do Marqués de  Calviño, (Antigo propietario deste pazo)” .

    A Cristina chamoulle a atención  aqueles ollos, redondeados e atentos que a miraban directamente, parecían vivos, como que  falaban sen palabras.

    A rapaza estremeceu e con paso lixeiro seguiu camiñando polo corredor, neste había moito cadros, dou unha ollada xeral, e fixouse nun en concreto,  este era un cadro familiar dos Calviño..... , outra vez!! ...  eses mesmos ollos, viaxantes e grandes, eran os mesmos que vira no retrato do marqués, pero agora máis desafiantes. 

    Un estraño escalofrío  recorreulle todo o corpo. Con certo desacougo decidiu regresar a súa casa, non se sentía segura alí.

    Cando chegou a casa,  aqueles ollos non saían da súa cabeza pero o seu can estaba ansioso, rabiaba por saír a pasear.

    Camiñaron lentamente cara a praza da feira, de repente, unha néboa espesa e escura, cubriu completamente aquela zona. O cadelo botou a correr ouveando e ladrado fortemente. 

    A moza estaba paralizada, Que estaba pasando?,  o medo apoderarase do seu corpo.     Empezou a chamar o can pero case non lle saía a voz . Por fin o cadelo volveu, colleuno en brazos .... Non  podía ser!!!....  os ollos do Señor Calviño!!!, O can tiña aqueles ollos, pero máis grandes e máis profundos. 

    Eses ollos, sen palabras lle obrigaban “escoita e mira os meus ollos”

    E Cristina mirou hipnotizada a aqueles ollos, mirounos fixamente. 

    Aqueles ollos lle dicían “Axúdame, axúdame!” . Repetitivamente, con voz profunda.

    O can despois dun forte parpadeo, recuperou os seus ollos de verdade. 

    Cristina pouco a pouco puido moverse e sen entender nada, con todas as súas forzas, marchou á súa casa, caendo, batendo coas ramas das árbores polo susto, aterrorizada.

    Cando chegou a casa cerrou fortemente a porta, sentíndose así máis segura.

    Ao día seguinte, cando Cristina se levantou, impactada, veu que no periódico cunhas letras moi grandes, poñía  “ Profanan o cemiterio de Meaño”

    Con certo estupor continuou lendo a noticia.

    “De todas as tumbas profanadas, a máis danada e rota, foi a do marqués de Calviño"...