A materia de Igualdade, en colaboración co departamento de orientación e o concello de Meaño, quixo conmemorar este día e puxo o seu alumnado a traballar para concienciar da súa importancia pero, sobre todo, para lembrar a todas as mulleres asasinadas, así como as súas fillas e os seus fillos que tamén foron vítimas da violencia vicaria. Fíxose unha exposición de bolborteas e gotas de cores que simbolizaban as vítimas da violencia de xénero, homófoba e vicaria. Tamén se gravou un vídeo-resumo da intervención no espazo dedicado a esta conmemoración, que se pode ver neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario