O pasado luns 23 de marzo, visitounos o actor Dani Blanco e mostrounos o poder da nosa voz e todas as posibilidades que temos con ela.
Con el o alumnado de terceiro fixemos unhas actividades, moi divertidas e dadácticas, coas que puidemos comprobar a importancia da nosa voz ao transmitir as mensaxes. Algunhas destas actividades consisitron en quentar a voz, aprender a cambiar a entoación segundo o noso obxectivo comunicativo, xogar a inventar historias, crear unha historia con dez palabras moi diferentes elixidas por outra persoa, poñérmonos na pel de obxectos e animais tendo en conta unha situación inventada por outra persoa...
Despois destas actividades, ao final do día, tivemos a sorte de presenciar un agradábel concerto cunha historia moi divertida. Mentres Dani facía de narrador da mesma, o seu compañeiro, Ze Pumar, acompañábao co acordeón e coa voz, facendo que a historia fose máis doada de entender e estivese mellor ambientada.
Xuntos fan un gran equipo e grazas a eles pasamos unha hora estupenda.




No hay comentarios:
Publicar un comentario