sábado, 1 de febrero de 2025

Actúa contra a violencia!

 

O pasado xoves 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia mediante a realización dunha pegada colectiva coas diferentes propostas que realizou o alumnado durante as últimas sesións de titoría.

Así pois levantamos un mural cuxo principal protagonista foi o concepto da PAZ dende unha vertente artística e creativa.

Construímos un mural ateigado de imaxes, debuxos, acrósticos, haikus… que representan as nosas arelas: vivir nun mundo libre de violencia e dar voz a todas as persoas que a sofren en silencio.

Deixamos unhas fotografías realizadas durante esta conmemoración:

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Actúa contra a violencia!
 

 


 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario