jueves, 23 de enero de 2025

Signar en Meaño en lingua de signos

 

Onte o noso alumnado de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de aprender un chisco máis sobre a lingua de signos, a linguaxe a través de xestos mediante a cal se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala coa axuda do experto David Fernández.

 


Mentres na lingua oral a comunicación se realiza por medio da voz e do oído, na de signos establécese mediante xestos e expresións visuais.

Deixamos unhas fotografías tomadas durante esta sesión:

 

 


En España ata agora só están recoñecidas oficialmente a lingua de signos española e a catalá. O recoñecemento da lingua de signos galega será un paso máis na obtención dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes e na normalización do noso idioma. 

Que difícil é o alfabeto dactilolóxico!

 


 

Moito tivemos que practicar...

 

 

 

Moitas grazas David polo teu tempo e dedicación. Ata a próxima!


 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario