Debuxei unha porta violeta na parede e ao entrar libereime…
O 25 de novembro (25N) celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo.
Para conmemorar o 25N realizamos unha selección daqueles libros que reivindican a figura da muller e a erradicación da violencia de xénero na nosa biblioteca.
Achegamos un vídeo deste día tan especial no que tamén se expuxeron carteis
informativos sobre a pegada reivindicativa de recoñecidas mulleres en
diferentes ámbitos como, por exemplo, o deportivo.
Querémonos vivas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario