martes, 21 de octubre de 2025

 Con esta noticia anunciamos a reapertura do blog da biblioteca!

Este curso o blog será levado polas alumnas de BiblioActiva: Iria, Lara, Laura e Olivia. Que agradan facervos devorar experiencias con cada lectura.


Este ano abrimos o blog cunha noticia moi agradábel para tod@s. O pasado martes sete de outubro, o encantador Artur, deleitounos cun marabilloso obradoiro de teatro radiofónico. Ese día aprendemos moitísimo, como a importancia da actitude ao falar ou da nosa expresión corporal cando queremos comunicar algo. Traballamos a expresión oral a través da dramatización xa que Artur Trillo é o fundador da compañía Talía de teatro. Todo o aprendido vai influír na atención que nos brindarán os nosos receptores. 


A continuación agregamos imaxes:





viernes, 6 de junio de 2025

I'm Obélix

 

O pasado mércores 28 de maio contamos coa visita de Raquel Fernández, autora da obra I'm Obélix, XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. 

 


 

Esta obra achéganos á crúa realidade do día a día nun instituto calquera, onde ser diferente é un desafío.

O alumnado do noso club de lectura quedou fascinado coa historia do protagonista do libro: Isma, un mozo de 13 anos cunha diagnose de TDAH.

 



 




 

 




A rapazada do club agasallou á nosa convidada cun marcapáxinas moi especial:

 

 
 

 
 


A autora foi moi amábel con nós e adicounos a súa obra.

 


 


 


 


Achegamos máis fotografías deste encontro:

 


 


 
 
 


 



sábado, 31 de mayo de 2025

Para cantar veño eu

 

O pasado martes 20 de maio contamos coa visita do artista Marcelo Doboe que nos achegou á música tradicional popular ligada á figura da cantareira galega mediante a fusión de tradición e modernidade.

 

 




 
Todas e todos puidemos aprender un pouquiño máis sobre música tradicional e tamén cantamos moito!!
 
 






 


E ti xa sabes... 

Para cantar veño eu! 


jueves, 29 de mayo de 2025

Eu tamén canto!

 

O pasado venres 16 de maio celebramos o Días das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, por adiantado e ao grande! 

Organizamos un Festival das Letras cun cartel de actividades ben variado grazas ao traballo do noso Equipo de Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. A colaboración do alumnado e do resto de profesorado tamén foi indispensábel para favorecer o bo funcionamento desta memorábel xornada.

 

                          

Queremos adicar un especial agradecemento a Sandra, a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, polo cariño que amosou durante a organización destas sesións nas que a pandeireta foi a principal protagonista. 

Cómpre destacar o bo desenvolvemento do obradoiro de pandeireta da man da nosa profe Miriam e dunhas alumnas ben xenerosas de 4º ESO que dominan moi ben a arte das ferreñas: Soraya e Noa!

 






O alumnado puido deseñar as súas chapas conmemorativas. Nestas fotografías podemos ver a María, unha das nosas profes de Lingua galega e literatura, con dúas alumnas creativas de 2º ESO en plena faena!

Son unhas artistazas! Que ben quedaron as chapas cantareiras!

 

Tamén tivemos tempo para xogar un poquiño e relacionar o conto de tradición oral con algunhas das cantigas máis representativas da nosa literatura popular coa profe Sofía e a baralla de cartas "Tempo de cantigas", acompañada das ilustracións realizadas polo noso alumnado coa colaboración do Departamento de Educación Plástica. Moitas grazas, Aránzazu pola axuda!

 

 


 

A troula rematou cunha actuación musical do alumnado de 4º ESO e cunha muiñeira grupal na que alumnado e profesorado demostrou as súas dotes artísticas...

Deixamos un vídeo da actuación musical. Algunhas das nosas profes tamén se animaron a cantar! Queremos agradecer a Susana, a nosa profe de Música, a súa paciencia e dedicación!

 


Xa sabes...

Ti tamén podes cantar!