martes, 28 de febrero de 2023

Reto de marzo: Escoitas?

 




Chega o reto de marzo. Abride os oídos e prestade atención. Saberedes identificar estes sons tan cotiáns para todas e todos nós? Todos eles podedes escoitalos no instituto, e moitos facédelos vós acotío.
Pedímosvos que identifiquedes só oito. Cando os teñades vinde a pola biblio na procura da ficha para os selos.

Son número 1

Son número 2

Son número 3

Son número 4

Son número 5

Son número 6

Son número 7

Son número 8

Son número 9

Son número 10

Son número 11

Son número 12

Son número 13

Son número 14

Son número 15


domingo, 26 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:





Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.



Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!

Nesta imaxe vemos a cortadora láser traballando nos marcapáxinas


Así é o resultado final

viernes, 24 de febrero de 2023

Xornada de Radio na Biblio con Rede Espora

 Este xoves pola parte veu Cristina de Rede Espora darnos unha charla ao profesorado sobre o uso da radio no ámbito escolar; achegounos ideas, propostas, melloras técnicas... Axiña continuará a formación co alumnado.

Aquí deixamos dúas imaxes da formación.






martes, 14 de febrero de 2023

Poemas de amor

 Os gañadores do concurso de poemas de amor foron, en lingua galega, Iker Álvarez García de 2º B con este haiku




E, en lingua castelá, Ainara Fernández Sueiro de 3º A con este poema acróstico:



miércoles, 1 de febrero de 2023

Reto de febreiro: Por onde andas?

 Este mes propoñémosvos a lectura de mapas. Sodes conscientes de toda a información que podedes atopar neles? Xa sabemos que hoxe tedes a man google maps que vos leva a onde queirades, pero moitas veces ese servizo non estará dispoñible ou levaravos a onde non queredes!

Seredes quen de atopar as respostas deste reto? Lembrade que temos un gran mapa de Meaño na parede exterior da aula creativa, que pode axudar moito! Ademais, aproveitade para falar coa familia, seguro que vos poden orientar. Na biblioteca temos mapas máis pequenos de Meaño, Galicia, España, Europa... Non dubidedes en vir a consultalos. Tamén temos nela as fichas que debedes cumprimentar!

Aquí vos deixamos o novo reto:





domingo, 1 de enero de 2023

Reto de xaneiro: Descifra!

 Presentamos os retos de xaneiro. cómpre que descifredes  xeróflifos. Botade man da familia e pasade un intre divertido. Xa sabedes, imaxinación, moita imaxinación e humor.

Pasa pola biblioteca para recoller a ficha que debes entregar coa solución. Debes resolver oito xeróglifos e escribir o resultado na ficha; lembra poñer o número dos elixidos. Sorte!









jueves, 1 de diciembre de 2022

Reto de decembro

 Aquí está o reto de decembro. A idea é pasalo ben e comprobar a vosa capacidade de expresarvos musical e corporalmente. Sodes torpes? Cantades mal? Que máis dá!, é Nadal e as vacacións están aí á vista!

Xa sabedes: catro selos se vindes ou entregades o vídeo a 1ª semana; dous selos se o facedes na segunda... E desta teredes selos pola orixinalidade (a forma de cantala, a elección da panxoliña, bailes); pola interpretación vocal ou musical (seremos xenerosos!); polo disfrace; e pola coreografía (buscade quen baile convosco).

Lembrade que o premio é unha tablet!!!!



jueves, 17 de noviembre de 2022

Charla de Paco Basanta e Sara Meijide

 O locutor deportivo Paco Basanta e a xornalista Sara Meijide, ambos os dous da Cadena Ser Lugo, colaboraron coa materia de Radio dando unha charla ao alumnado de 2º da ESO. Aprendemos moito, sobre todo, como falar na radio ou elaborar un programa. Foi un xeito ben fermoso e útil de achegar as familias ao centro. Grazas aos dous polo amabilidade e disposición. Esta charla é froito da colaboración entre o Equipo de Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega.


Momento da videoconferencia

Alumnado de 2º ESO do Obradoiro de Radio (STEAM II)


viernes, 11 de noviembre de 2022

Venres de experimentos científicos na biblioteca

 



No noso centro seguimos demostrando que se pode facer ciencia en galego. O profesorado das materias científicas animou o alumnado a facer experimentos na biblioteca. Todos os venres durante o segundo recreo a zona de bancadas convértese nun laboratorio científico:


Extraendo o ADN dun plátano


Amosando as densidades


Público asistente.


miércoles, 2 de noviembre de 2022

Novembro: mes da ciencia en galego

O mes de novembro está dedicado á ciencia en galego. Deste xeito demostramos que a ciencia, como todo, se pode facer no noso idioma. A biblioteca non pode deixar pasar esta oportunidade. Empezamos cos retos científicos e continuamos coa exposición de libros: