jueves, 29 de mayo de 2025

Eu tamén canto!

 

O pasado venres 16 de maio celebramos o Días das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, por adiantado e ao grande! 

Organizamos un Festival das Letras cun cartel de actividades ben variado grazas ao traballo do noso Equipo de Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. A colaboración do alumnado e do resto de profesorado tamén foi indispensábel para favorecer o bo funcionamento desta memorábel xornada.

 

                          

Queremos adicar un especial agradecemento a Sandra, a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, polo cariño que amosou durante a organización destas sesións nas que a pandeireta foi a principal protagonista. 

Cómpre destacar o bo desenvolvemento do obradoiro de pandeireta da man da nosa profe Miriam e dunhas alumnas ben xenerosas de 4º ESO que dominan moi ben a arte das ferreñas: Soraya e Noa!

 






O alumnado puido deseñar as súas chapas conmemorativas. Nestas fotografías podemos ver a María, unha das nosas profes de Lingua galega e literatura, con dúas alumnas creativas de 2º ESO en plena faena!

Son unhas artistazas! Que ben quedaron as chapas cantareiras!

 

Tamén tivemos tempo para xogar un poquiño e relacionar o conto de tradición oral con algunhas das cantigas máis representativas da nosa literatura popular coa profe Sofía e a baralla de cartas "Tempo de cantigas", acompañada das ilustracións realizadas polo noso alumnado coa colaboración do Departamento de Educación Plástica. Moitas grazas, Aránzazu pola axuda!

 

 


 

A troula rematou cunha actuación musical do alumnado de 4º ESO e cunha muiñeira grupal na que alumnado e profesorado demostrou as súas dotes artísticas...

Deixamos un vídeo da actuación musical. Algunhas das nosas profes tamén se animaron a cantar! Queremos agradecer a Susana, a nosa profe de Música, a súa paciencia e dedicación!

 


Xa sabes...

Ti tamén podes cantar! 



 

sábado, 17 de mayo de 2025

Defende a túa lingua

 

O pasado 30 de abril realizamos unha pegada de carteis en diversos establecementos de Dena con motivo da participación do proxecto colaborativo de defensa da nosa cultura Defende a túa lingua, impulsado polo CEIP Heroínas de Sálvora.

Coidar a lingua e a cultura galega é fundamental para enriquecer a nosa identidade. Un personaxe que está moi relacionado con esta defensa é Castelao, protagonista destes carteis encabezados polos lemas máis emblemáticos asociados ao intelectual rianxeiro:

“Denantes mortos que escravos”

 

                                       

 

                                             

 

                                         

                                 

                                       

                                     

“Se aínda somos un pobo é porque temos lingua propia”

     

                                        


                                          

 

                                        

                                             

                                          

    

Achegamos máis fotografías desta interesante sesión!

 


 


“Defende a túa lingua”


 

 

 
 

Xa sabes…

Eu falo galego. E ti?

 


sábado, 10 de mayo de 2025

Cando leo...

  

A lectura é fundamental para o desenvolvemento individual, social e cognitivo. Amplía coñecementos, estimula a imaxinación, mellora a comunicación e o razoamento.

O pasado 23 de abril celebramos no IES de Meaño o Día do Libro mediante a organización de diversas actividades, xa que cando lemos

                                              desfrutamos

                                                           imaxinamos

                                                  e

                                        relaxámonos.

 

 

 

Durante esta conmemoración traballamos co libro Farenheit 451 de Ray Bradbury, unha historia que xira arredor dunha estraña brigada que queima libros porque  no seu mundo está prohibido ler. 

 E lanzamos a seguinte pregunta ao alumnado:

Que títulos salvariades ante unha hipotética queima de libros?

 

 

Tamén organizamos un concurso de decoración de portas baseado no deseño da portada dun libro que representase cada aula de secundaria.

Achegamos unhas fotografías das mellores portadas!

 









martes, 1 de abril de 2025

Meaño regueifeiro!

  

Onte o alumnado de 2º da ESO aprendeu a regueifear coa axuda dunha experta inigualable: Lupe Blanco!

 



As sesións foron ben interesantes, xa que puideron coñecer a orixe da disputa dialéctica improvisada en verso e compoñer as súas propias coplas.

 





Deixamos unhas fotografías realizadas durante este obradoiro:

 


 

 

No IES temos moit@s artistas que regueifean estupendamente! Mirade estes vídeos:

 





 


 Grazas @luperegueifeira pola túa xenerosidade! Volve cando queiras!

 E ti xa sabes…

Tamén podes regueifear!