![]() |
jueves, 28 de septiembre de 2023
Benvid@s a un ano CREATIVO!
jueves, 21 de septiembre de 2023
Día da Paz
O departamento de Plástica elaborou un mural contra a guerra na entrada do centro, seguindo a estética dos graffitis de Banksy. Deixámosvos unhas imaxes do resultado e do proceso.:
lunes, 18 de septiembre de 2023
Creación artística do alumnado do IES
Ola a todas e todos!
Como este curso o PDI do centro está destinado a nós, queremos abrir unha sección no blogue na que o alumnado poida expoñer as súas creacións artísticas: debuxos, composicións musicais, contos, poemas, fotografías... 🎨🎶✏️📷
Mandade un correo a biblioteca@iesmeanho.com co arquivo ou entregádenolo en man.
martes, 6 de junio de 2023
Curtametraxe "O taller"
O alumnado de 2º ESO participou no obradoiro "Cinema con perspectiva" dentro do proxecto competencial de Audiovisuais. Deixamos aquí o enlace a unha das curtas, protagonizada por Eva Miguéns, Yassir Habib, Adam Piñeiro, Adrián Martínez e Miguel Carballo; coa axuda do equipo técnico de guionistas, cámaras, son e produción.
https://drive.google.com/file/d/1iI5R-N0AUXHHWunZXkOy_mATvOVo5DBJ/view
lunes, 1 de mayo de 2023
Reto de maio: Localízate!
O último reto deste curso está relacionado co noso PDI, O Meaño que queremos. Pedímosvos que localicedes os seguintes enclaves co concello, collidos de Google maps.
Debedes indicar que lugar ou edificio é o que se mostra e en que parroquia se atopa.
Xogade coa familia, entre todos seguro que o resolvedes axiña.
martes, 11 de abril de 2023
Reto de abril
Un pouco máis tarde do habitual pero por fin chegou o reto de abril. Como este mes se celebra o Día do Libro, queremos facerlle unha homenaxe, polo que desta teredes que facer unha xincana que vos levará por distintos recunchos do centro nos que hai libros. En cada unha desas zonas haberá unha tarxeta co que debedes facer e a onde tedes que ir despois. As pistas non sempre están moi claras, así que botádelle imaxinación!
Tedes que coller na biblio a ficha que debedes cumprimentar, nela hai espazo para poñer os vosos datos e para a solución final (unha frase longa que iredes descubrindo nos libros). A primeira pista está no cartel. Boa sorte e feliz abril!
miércoles, 22 de marzo de 2023
O alumnado de 2º da ESO no Centro de Día
Hoxe parte do alumnado do IES de Meaño foi recitar poemas ao Centro de Día de Meaño. Esta actividade realizouna o departamento de Lingua Castelá e colaborou o Equipo de Biblioteca. Na calse prepararon os poemas, aprenderon a recitar, a vocalizar e xesticular, e, por suposto, a memorizar. Despois de recitalos na aula, animáronse a facelo fóra o IES. Foi un éxito total!
Se clicades enriba da imaxe podedes ver o libro que crearon e o nome dos rapaces e rapazas que recitaron os poemas.
jueves, 16 de marzo de 2023
Formación de Rede Espora co alumnado
Hoxe Denís, da Rede Espora, vou formar o alumnado dentro do Programa Radio na Biblio. Aprendemos moito da parte técnica: como manexar o equipo, gravar o programa, introducir música,... e tamén de locución e elebaración de programas. Ademais deixounos recursos para que enriquezamos as nosas producións. Agora seguro que nos saen uns podcast chulísimos!
jueves, 2 de marzo de 2023
Día da muller: 8 de marzo
Deixamos aquí o programa de radio realizado polas alumnas de 2º B Yáiza, Iria, Nerea Enríquez e Sara Fandiño na materia STEAMII-Radio 2º B.
Programa de Radio Día da Muller
martes, 28 de febrero de 2023
Reto de marzo: Escoitas?
Son número 1
domingo, 26 de febrero de 2023
Día de Rosalía
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:
Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.
Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!
Así é o resultado final
viernes, 24 de febrero de 2023
Xornada de Radio na Biblio con Rede Espora
Este xoves pola parte veu Cristina de Rede Espora darnos unha charla ao profesorado sobre o uso da radio no ámbito escolar; achegounos ideas, propostas, melloras técnicas... Axiña continuará a formación co alumnado.
Aquí deixamos dúas imaxes da formación.
martes, 14 de febrero de 2023
Poemas de amor
Os gañadores do concurso de poemas de amor foron, en lingua galega, Iker Álvarez García de 2º B con este haiku
.jpg)

























