Xa hai uns días a biblioteca do centro encheuse de actividade e viuse ateigada de fermosos carteis, postais e tarxetas.
Tivemos ocasión de participar nun obradoiro de impresión artesanal da man de Alouette machine.
Jean Baptiste e Cristina mostráronnos como xogar cos elementos gráficos e o seu significado, ao tempo que nos deron a coñecer o xeito en que se elaboraban antigamente os libros, carteis, postais ou tarxetas.
Todo o alumnado do centro pasou pola biblioteca para colaborar, e tivo estes días unha caloriña que normalmente non ten.
Comezamos diferenciando tinta de pintura, escollemos entre as fermosas letras de madeira as que precisabamos e dispuxémolas na prancha.
Ollo co efecto espello!
!
Finalmente, pasamos o rolo varias veces e conseguimos unha boa produción.
Velaquí algunhas das nosas creacións
Quedaron pendurados dun tendal na biblioteca, como a roupa acabada de lavar, agardando secar ben.
En canto sequen ben, cousa difícil con tanta humidade, colocarémolos nun lugar destacado do centro.




No hay comentarios:
Publicar un comentario