Xa hai uns días a biblioteca do centro encheuse de actividade e viuse ateigada de fermosos carteis, postais e tarxetas.
Tivemos ocasión de
participar nun obradoiro de impresión artesanal da man de Alouette
machine.
Jean Baptiste e Cristina mostráronnos
como xogar cos elementos gráficos e o seu significado, ao tempo que
nos deron a coñecer o xeito en que se elaboraban antigamente os libros,
carteis, postais ou tarxetas.
Todo o alumnado do centro pasou pola biblioteca para colaborar, e tivo estes días unha caloriña que normalmente non ten.
Comezamos diferenciando tinta de pintura, escollemos entre as fermosas letras de madeira as que precisabamos e dispuxémolas na prancha.
Ollo co efecto espello!
!
Queriamos visibilizar un tema que estivemos traballando durante algún tempo para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos e o Día Internacional da Paz.
Finalmente, pasamos o rolo varias veces e conseguimos unha boa produción.
Velaquí algunhas das nosas creacións
Quedaron pendurados dun tendal na biblioteca, como a roupa acabada de lavar, agardando secar ben.

En canto sequen ben, cousa difícil con tanta humidade, colocarémolos nun lugar destacado do centro.