lunes, 3 de junio de 2024
Contando contos
lunes, 20 de mayo de 2024
LUÍSA VILLALTA
O alumnado de 2º da ESO estivo traballando sobre Luísa Villalta. Leron poemas, uns escollerons e decoraron os fragmentos que máis lles gustou, outros continuaron os poemas e outras elaboraron unha liña temporal da autora ou fixeron caligramas.
lunes, 13 de mayo de 2024
Revista BiblioActiva
Un grupo de alumnas do Proxecto Competencial BiblioActiva editou esta pequena revista con información de interese para o alumnado:
Pódese ver neste enlace.
Por se xorde algún problema, deixamos tamén as páxinas:
viernes, 10 de mayo de 2024
Iria Aldegunde asinou para o IES
A autora Iria Aldegunde asinounos a versión en cómic de Memorias dun neno labrego de Xosé Neiras Vilas pra o IES de Meaño. Aquí temos o momento:
jueves, 9 de mayo de 2024
Obradoiro sobre experimentación e creación musical na bilio
Pedro Iglesias acudiu ao centro para dar o obradoiro "Experimentación e creación musical na bilioteca" ao alumando dos Proxectos Competenciais RadioActiva e BiblioActiva e outro voluntario. Ademais de pasalo moi ben, aprendemos tamén de circuitos! E deunos moitas ideas para implementalas na nosa radio.
jueves, 2 de mayo de 2024
jueves, 14 de marzo de 2024
FOTOGRAFÍAS LITERARIAS
lunes, 11 de marzo de 2024
Mulleres no deporte
Na materia de Educacón Física, o alumnado elaborou carteis sobre mulleres deportistas galegas, dándolle especial relevancia a alumnas e exalumnas do centro, xa que este ano o noso PDI, "Vodas de prata", traballa o vintecinco aniversario do IES e outras mozas do concello.
sábado, 9 de marzo de 2024
Día da Muller
Podedes escoitar o programa de radio que elaborou o alumnado de 4º polo Día da Muller.
viernes, 8 de marzo de 2024
Cantares de cego
O alumnado das materias de Lingua Galega e Plástica de 1º da ESO elaborou dous cantares de cego: A historia de Xosé e Xiana de Fisterra, baseados na toponimia local. Biblioteca axudou a recoller estas marabillas nun libriño, que foi publicado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O resultado foi este:
jueves, 7 de marzo de 2024
RETO 4 (MARZO): Atopa a mensaxe segreda...
Conseguiredes atopar a mensaxe segreda?
Seguide as pistas e ide anotando as palabras que se esconden dentro dos libros... Tedes a ficha na biblioteca.
Sorte! 📚
jueves, 18 de enero de 2024
RETO 3: ESCOITAS?
O reto deste mes está dedicado aos sons da biblioteca. Aquí deixamos 10 audios que debes identificar con sons que se producen acotío na biblio. Debes adiviñar 6, aínda que na ficha deixamos espazo para oito por se te equivocas nalgún. Afina o oído e sorte!
Audio 1miércoles, 20 de diciembre de 2023
FELIZ NADAL
O Equipo de Biblioteca deséxavos unhas festas cheas de ledicia, lecturas e descanso con esta fermosa postal.









































