/> https://drive.google.com/file/d/16xTBqBaRvzaDA7sdum3s7_3Ye4LrSVU4/view?usp=sharing
Este é o programa realizado co gallo do Día Mundial da Radio. Foi elaborado e locutado por un grupo de dúas alumnas, Nerea e Lara, e dous alumnos, Iker e Adrián, de 2º da ESO.
Este mes propoñémosvos a lectura de mapas. Sodes conscientes de toda a información que podedes atopar neles? Xa sabemos que hoxe tedes a man google maps que vos leva a onde queirades, pero moitas veces ese servizo non estará dispoñible ou levaravos a onde non queredes!
Seredes quen de atopar as respostas deste reto? Lembrade que temos un gran mapa de Meaño na parede exterior da aula creativa, que pode axudar moito! Ademais, aproveitade para falar coa familia, seguro que vos poden orientar. Na biblioteca temos mapas máis pequenos de Meaño, Galicia, España, Europa... Non dubidedes en vir a consultalos. Tamén temos nela as fichas que debedes cumprimentar!
Aquí vos deixamos o novo reto:
Presentamos os retos de xaneiro. cómpre que descifredes xeróflifos. Botade man da familia e pasade un intre divertido. Xa sabedes, imaxinación, moita imaxinación e humor.
Pasa pola biblioteca para recoller a ficha que debes entregar coa solución. Debes resolver oito xeróglifos e escribir o resultado na ficha; lembra poñer o número dos elixidos. Sorte!
Aquí está o reto de decembro. A idea é pasalo ben e comprobar a vosa capacidade de expresarvos musical e corporalmente. Sodes torpes? Cantades mal? Que máis dá!, é Nadal e as vacacións están aí á vista!
Xa sabedes: catro selos se vindes ou entregades o vídeo a 1ª semana; dous selos se o facedes na segunda... E desta teredes selos pola orixinalidade (a forma de cantala, a elección da panxoliña, bailes); pola interpretación vocal ou musical (seremos xenerosos!); polo disfrace; e pola coreografía (buscade quen baile convosco).
Lembrade que o premio é unha tablet!!!!
O locutor deportivo Paco Basanta e a xornalista Sara Meijide, ambos os dous da Cadena Ser Lugo, colaboraron coa materia de Radio dando unha charla ao alumnado de 2º da ESO. Aprendemos moito, sobre todo, como falar na radio ou elaborar un programa. Foi un xeito ben fermoso e útil de achegar as familias ao centro. Grazas aos dous polo amabilidade e disposición. Esta charla é froito da colaboración entre o Equipo de Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega.
No noso centro seguimos demostrando que se pode facer ciencia en galego. O profesorado das materias científicas animou o alumnado a facer experimentos na biblioteca. Todos os venres durante o segundo recreo a zona de bancadas convértese nun laboratorio científico:
Estas son as pistas para 1º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
Estas son as pistas para 2º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
Estas son as pistas para 3º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!
Estas son as pistas para 4º da ESO. Lembra que son 4 e cada unha ten unha solución de catro cifras que che permitirán abrir os cadeados das caixas!