jueves, 17 de marzo de 2022

Os deportistas de Meaño

 A amteria de Educación Física fixo co seu alumnado unha recollida de deportistas do concello de Meaño, e, entre eles e elas, hai varias alumnas e ex alumnos do centro. Hai moita variedade de deportes. Con todo o seleccionado, elaboraron un cartel que foi un dos máis vistos deste curso!


Aquí a ficha de Lucía de 2º da ESO, unha gran regatista.

E Julieta, tamén de 2º, competidora de hípica.

E o noso exalumno, Pablo Piñeiro, hoxe actor de prestixio, entre outras facetas.




jueves, 10 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller

 Un ano máis chega o 8 de marzo e o IES de Meaño desprega a súa pancarta para berralo ben alto. Na materia de Igualdade, o alumnado de 2º da ESO traballou arreo para conmemoralo e lembrar a todas aquelas mulleres que nos deixaron este ano por mor da violencia de xénero. Para iso ofreceron a súa particular visión desta violencia a través da metáfora visual. Cada unha destas caixas, que se colgaron na biblioteca, serviu para amosar a súa particular visión deste problema social.






Ademais un grupo de alumnas de 4º elaborou un vídeo presentación sobre mulleres recoñecidas en diversos ámbitos, que se visionou en todas as aulas durante a Hora de Ler. 





miércoles, 9 de febrero de 2022

21 días co galego e +.

 



Este mes de febreiro o noso centro participa na campaña "21 días co galego e +". Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente está moi implicado coa actividade; e a biblioteca non ía ser menos. Cada semana facemos unha exposición de fondos en galego. A 1 semana dedicámoslla á literatura no noso idioma.







A biblio tamén é o lugar de charlas, experimentos, xogos... en galego! Velaquí unha mostra:




En Educación Física fan unha selección de deportistas


Na materia de Educación Física estiveron traballando, coa súa profesora Montse, o deporte galego e fixeron unha ampla e variada selección de deportistas, homes e mulleres, que destacan ou destacaron nas súas especialidades. Tiveron un bo traballo de procura e selección da información.

Deixamos unhas mostras da variedade de deportistas seleccionadas e seleccionados:





















martes, 21 de diciembre de 2021

O alumnado convértese en transmisor!

 Chegou o día en que alumnado de 2º e 4º transmite a información que nos achegaron Tino Hermida e Benito Orge. Empezaron dándolles a charla aos compañeiros e compañeiras de clase:

Arancha explicándolle á clase de 2º C os petróglifos da Sobreira.



Silvia falando do castro de Dena e das pedras de muíño atopadas



Marta díxoo todo do molde dos machados



Carlota deunos unha lección sobre as mámoas



Tania falando dos muíños



Daniela explicando os lavadoiros





En 2º B foi Lucía quen nos explicou todo dos lavadoiros do concello


Ainara comentouno todo dos piornos


Raúl falounos das fontes








sábado, 18 de diciembre de 2021

Saímos no Faro de Vigo

 O FAro de Vigo sacou unha reportaxe sobre a charla de Tino Hermida, xunto con Benito Orge, no noso centro para falar do patrimonio do concello.




domingo, 12 de diciembre de 2021

Charla de Tino Hermida sobre o patrimonio de Meaño

 O día 10 de decembro o profesor de Historia e xornalista Tino Hermido veu darnos unha charla ao IES sobre o patrimonio de Meaño. Estas conferencias entran dentro da fase de sensibilización do PDI deste ano "O Meaño que queremos".

Como non puido asistir todo o alumnado, fixemos dous grupos cunha selección de rapazas e rapaces de 2º e 4º da ESO para que sexan elas e eles quen transmitan ao resto do alumnado o que Tino Hermida lles comunicou sobre o noso patrimonio.


 Tino Hermida durante un momento da charla


Grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO


Aprenderon moita historia do concello: a presenza de castros tapados, petróglifos, mámoas,...  Na seguinte imaxe Tino fálanos da pedra que contén un molde para facer machadas e que foi atopada na zona do castro




Tamén falou das igrexas, as leccións dos canzorros, casas rectorais, o pazo de Lis, os cruceiros, piornos, muiños e lavadoiros,...



Contamos tamén coa presenza de Benito Orge, mestre xubilado que descubriu os petróglifos e sacou á luz a contorna das casas do castro de Dena xunto co seu alumnado de 6º de primaria. Benito acudiu como invitado pero por sorte tamén nos explicou a súa experiencia ante a atenta mirada dos rapaces e das rapazas, como podemos observar nestas fotos:




Tamén tivo tempo para falar de Herminia Fariña e mesmo Gabriel, de 4º da ESO, leu un poema da autora:



Nas seguintes fotos vemos o alumnado de 4º e de 2º da ESO








viernes, 3 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 
A biblioteca converteuse neste mes nun fervedoiro de experimentación. Alumnas e alumnos de diferentes cursos viñeron durante os recreos á biblioteca facer experimentos para todo o mundo. Foi un auténtico éxito, tanto polos experimentos feitos como polo público que acudiu. O alumnado logrou transmitir diante dun público rigoroso (con profesorado incluído) os seus coñecementos sobre ciencia. Noraboa a todas e todos!

Tamén expuxemos os libros de ciencias máis novos que acabamos de mercar, xunto con outros que nunca pasan de moda!


Experimento da cromatografía


Inflando un globo con vinagre e bicarbonato




Demostrando como funciona a presión atmosférica



Lucía, Marta e Carlota de 3º da ESO



Marta, Carlota e Lucía explicando o efecto Coanda

Experimento da cromatografía


Inflando un globo con bicarbonato







Público asistente

miércoles, 1 de diciembre de 2021

O alumnado de 3º crea cantigas

 O alumnado de 3º da ESO en lingua galego creou cantigas seguindo o modelo das medievais. Fixeron grupos e repartiron papeis: copistas, trobadores, documentalistas,... E o resultado non puido ser máis fermoso, pois crearon carteis cos poemas que decoran as paredes do centro. Unha boa forma de traballar a competencia AMI (procura de información, reelaboración e trasnsmisión) entre outras moitas (dixital e aprender a aprender, por exemplo) e por xuposto a creación literaria. Noraboa aos rapaces e ás rapazas e, por suposto, á profesora María Hervés!