martes, 11 de noviembre de 2025

A celebración do Samaín


A celebración do Samaín

Bo día!! Como estades? Nós aterradas ante o terrorífico túnel do terror que nos tiñan preparado para este pasado xoves 30. 


O alumnado de 3ºESO axudou na decoración da biblioteca, creando así unha atmosfera fantástica para ler os relatos de medo. Foi un día cheo de risas e sorpresas, grazas aos mestres, que organizaron o concurso de relatos e aos alumnos e alumnas de 4ºESO, que organizaron o concurso de pasteis, disfraces e o kahoot.


Achegamos algunhas imaxes arrepiantes sobre a celebración:









O concurso de relatos foi gañado polas nosas excepcionais compañeiras:


  • Iria Padín Cores, Laura Bouzas Balboa e Oliva Julia Katscher Vidal de 3ºB e Noa Senra Varela de 1ºB.




O concurso de disfraces ganárono os nosos compañeiros, que se disfrazaron da Santa Compaña, moi orixinais, non creedes? Aquí os tedes:


  • Lucas Buceta Mosteiro, Rubén Lorenzo Canizo, Gael Fernandez Berreco e María Vallejo Garrido de 3ºA.





Rematamos a celebración do Samaín comendo castañas ata empachar. O que ben comeza ben remata.

Agardamos a vosa asistencia o vindeiro curso, para seguir compartindo medos, relatos, risas, castañas, pasteis...


Ata a próxima!