Onte o noso
alumnado de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de aprender un chisco máis sobre
a lingua de signos, a linguaxe a través
de xestos mediante a cal se comunican as persoas con discapacidade auditiva
e/ou dificultade na fala coa axuda do experto David Fernández.
Mentres na lingua
oral a comunicación se realiza por medio da voz e do oído, na de signos
establécese mediante xestos e expresións
visuais.
Deixamos unhas fotografías tomadas durante esta sesión:
En España ata agora só están recoñecidas oficialmente a lingua de signos española e a catalá. O recoñecemento da lingua de signos galega será un paso máis na obtención dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes e na normalización do noso idioma.
Que difícil é o alfabeto dactilolóxico!
Moito tivemos que practicar...
Moitas grazas David polo teu tempo e dedicación. Ata a próxima!