Son número 1
Son número 1
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de Plástica e Lingua Galega e coa colaboración de Biblioteca realizaron unha serie de actividades para conmemorar esta data. En Lingua Galega de 3º da ESO puxeron a voz de Rosalía aos problemas actuais. O alumnado de 1º tamén pasou polas clases, na Hora de Ler, para recitar poemas da autora:
Plástica realizou co alumnado de 1º da ESO unhas chapas relacionadas coa autora: partiron da súa imaxe e de versos seus para crear imaxes e tratalas con programas informáticos. Estas chapas repartíronse a todo o persoal do centro.
Ademais tamén se realizaron coa gravadora e cortadora láser uns marcapáxinas de coiro coa silueta de Rosalía de Castro xunto a uns versos seus; estes marcapáxinas danse de agasallo estes días na biblioteca a quen colla libros en galego!
Así é o resultado final
Este xoves pola parte veu Cristina de Rede Espora darnos unha charla ao profesorado sobre o uso da radio no ámbito escolar; achegounos ideas, propostas, melloras técnicas... Axiña continuará a formación co alumnado.
Aquí deixamos dúas imaxes da formación.
Os gañadores do concurso de poemas de amor foron, en lingua galega, Iker Álvarez García de 2º B con este haiku
Este é o programa realizado co gallo do Día Mundial da Radio. Foi elaborado e locutado por un grupo de dúas alumnas, Nerea e Lara, e dous alumnos, Iker e Adrián, de 2º da ESO.
Este mes propoñémosvos a lectura de mapas. Sodes conscientes de toda a información que podedes atopar neles? Xa sabemos que hoxe tedes a man google maps que vos leva a onde queirades, pero moitas veces ese servizo non estará dispoñible ou levaravos a onde non queredes!
Seredes quen de atopar as respostas deste reto? Lembrade que temos un gran mapa de Meaño na parede exterior da aula creativa, que pode axudar moito! Ademais, aproveitade para falar coa familia, seguro que vos poden orientar. Na biblioteca temos mapas máis pequenos de Meaño, Galicia, España, Europa... Non dubidedes en vir a consultalos. Tamén temos nela as fichas que debedes cumprimentar!
Aquí vos deixamos o novo reto: