O pasado martes 20 de maio contamos coa visita do artista Marcelo Doboe que nos achegou á música tradicional popular ligada á figura da cantareira galega mediante a fusión de tradición e modernidade.
E ti xa sabes...
Para cantar veño eu!
O pasado martes 20 de maio contamos coa visita do artista Marcelo Doboe que nos achegou á música tradicional popular ligada á figura da cantareira galega mediante a fusión de tradición e modernidade.
E ti xa sabes...
Para cantar veño eu!
O pasado venres 16 de maio celebramos o Días das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, por adiantado e ao grande!
Organizamos un Festival das Letras cun cartel de actividades ben variado grazas ao traballo do noso Equipo de Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. A colaboración do alumnado e do resto de profesorado tamén foi indispensábel para favorecer o bo funcionamento desta memorábel xornada.
Queremos adicar un especial agradecemento a Sandra, a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, polo cariño que amosou durante a organización destas sesións nas que a pandeireta foi a principal protagonista.
Cómpre destacar o bo desenvolvemento do obradoiro de pandeireta da man da nosa profe Miriam e dunhas alumnas ben xenerosas de 4º ESO que dominan moi ben a arte das ferreñas: Soraya e Noa!
O alumnado puido deseñar as súas chapas conmemorativas. Nestas fotografías podemos ver a María, unha das nosas profes de Lingua galega e literatura, con dúas alumnas creativas de 2º ESO en plena faena!
Son unhas artistazas! Que ben quedaron as chapas cantareiras!
Tamén tivemos tempo para xogar un poquiño e relacionar o conto de tradición oral con algunhas das cantigas máis representativas da nosa literatura popular coa profe Sofía e a baralla de cartas "Tempo de cantigas", acompañada das ilustracións realizadas polo noso alumnado coa colaboración do Departamento de Educación Plástica. Moitas grazas, Aránzazu pola axuda!
A troula rematou cunha actuación musical do alumnado de 4º ESO e cunha muiñeira grupal na que alumnado e profesorado demostrou as súas dotes artísticas...
Deixamos un vídeo da actuación musical. Algunhas das nosas profes tamén se animaron a cantar! Queremos agradecer a Susana, a nosa profe de Música, a súa paciencia e dedicación!
Xa sabes...
Ti tamén podes cantar!
O pasado 30 de abril realizamos unha pegada de carteis en diversos establecementos de Dena con motivo da participación do proxecto colaborativo de defensa da nosa cultura Defende a túa lingua, impulsado polo CEIP Heroínas de Sálvora.
Coidar a lingua e a cultura galega é fundamental para enriquecer a nosa identidade. Un personaxe que está moi relacionado con esta defensa é Castelao, protagonista destes carteis encabezados polos lemas máis emblemáticos asociados ao intelectual rianxeiro:
“Denantes mortos que escravos”
“Se aínda somos un pobo é porque temos lingua propia”
Achegamos máis fotografías desta interesante sesión!
“Defende a túa lingua”
Xa sabes…
Eu falo galego. E ti?