jueves, 14 de marzo de 2024

FOTOGRAFÍAS LITERARIAS

 

Para celebrar o Día do Libro, propoñémosvos unha actividade co voso libro favorito: sacade unha foto con el e deixade voar a vosa imaxinación! Con elas faremos un póster ou vídeo que subiremos ao blogue da biblioteca. Enviade as fotos a biblioteca@iesmeanho.com.

Animádevos a participar! 📖🎉




lunes, 11 de marzo de 2024

Mulleres no deporte

Na materia de Educacón Física, o alumnado elaborou carteis sobre mulleres deportistas galegas, dándolle especial relevancia a alumnas e exalumnas do centro, xa que este ano o noso PDI, "Vodas de prata",  traballa o vintecinco aniversario do IES e outras mozas do concello.









sábado, 9 de marzo de 2024

viernes, 8 de marzo de 2024

Cantares de cego

O alumnado das materias de Lingua Galega e  Plástica de 1º da ESO elaborou dous cantares de cego: A historia de Xosé e Xiana de Fisterra, baseados na toponimia local. Biblioteca axudou a recoller estas marabillas nun libriño, que foi publicado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O resultado foi este: 


Wolrd Book Day Poster Template de García Sumay María Cruz

jueves, 7 de marzo de 2024

RETO 4 (MARZO): Atopa a mensaxe segreda...

Conseguiredes atopar a mensaxe segreda?

Seguide as pistas e ide anotando as palabras que se esconden dentro dos libros... Tedes a ficha na biblioteca.


Sorte! 📚