Bos e terroríficos días!
Como xa saberedes aproxímase o Samaín e para darlle a benvida como se merece, presentamos... Un CONCURSO DE RELATOS DE TERROR! Deixade voar a vosa imaxinación e animádevos a escribir un poema, un relato ou un microrrelato. A data límite é o 20 de outubro. Achegamos o póster, que está na cristaleira da biblioteca, con máis información.
Por outro lado, tamén damos comezo aos RETOS MENSUAIS! Estade moi atent@s porque proximamente publicaremos o primeiro no blogue...
Xa para finalizar, os nosos compañeiros farán un "noticieiro" cada certo tempo sobre noticias que ocorran no centro.
Asustámonos pronto... 👻